A lingua banjar (Bahasa/Basa Banjar, en jawi: بهاس بنجر) é unha lingua austronesia empregada polo pobo banjar de Kalimantan Meridional, Indonesia. Como moitos dos membros do pobo banjar son mercadores itinerantes, espallan a súa lingua por tódolos lugares de Indonesia ós que viaxan. O banjar pódese considerar unha lingua franca, especialmente na illa de Borneo, xa que se emprega en tres das catro provincias de Borneo: Borneo do Sur, Borneo do Leste e Borneo Central, agás en Borneo do Oeste, onde o malaio é máis popular.
O banjar considérase un malaio local, pero non é particularmente achegado a ningunha outra lingua malaia. Divídese en dous grandes dialectos, o da parte alta do río (Banjar Hulu) e o da parte baixa (Bajar Kuala). Pódense atopar as principais diferenzas dos dous dialectos na fonoloxía e o léxico, malia que tamén hai diferenzas lixeiras na sintaxe. O banjar hulu só ten tres vogais, /i/, /u/, i /a/. Cando unha palabra contén algunha vogal diferente a estas tres vogais, a vogal foránea é substituída cunha destas vogais baseándose na proximidade de altura e outras cualidades das vogais. O banjar kuala ten cinco vogais, /a, i, u, e, o/.
Hai un dialecto menor, o bukit, que ten un código ISO separado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en banjar Ligazóns externas Buku pertama berbahasa banjar Pencipta kamus dan tata bahasa Banjar Terjemahan bahasa Indonesia ke bahasa Banjar
Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Indonesia Categoría:Linguas de Malaisia Categoría:Linguas aglutinantes