Aegithalos é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, o tipo da familia dos exitálidos (Aegithalidae).Aegithalos en Biolib.
Características Teñen as colas de tamaño mediano a longo. Constrúen niños en forma de bolsas entretecidas, pendurantes de árbores. A maioría das especies comen unha dieta mixta que inclúe insectos.
Distribución As especies de Aegithalus distribúense por Eurasia, desde a China e Taiwán até a Europa Occidental, pasando polo sueste asiático e Asia Meridional.
Na Península Ibérica (incluída Galicia) só se presenta Aegithalos caudatus, o ferreiriño subeliño ou ferreiriño rabilongo."Rabolongos e subeliños", en Nomes de plantas e animais, no blog de Miguel A. Conde Teria.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1804 polo médico e naturalista francés Johann Herrmann.
Etimoloxía O nome científico Aegithalus está tirado do grego antigo αιγίθαλλος ou αιγίθαλος aigíthallos, aigíthālos, nome dun paxaro do familia dos páridos.Aegithalos no Merriam-Webster Dictionary.AEgithalos no Dictionarium Etymologicum Latinum (etc.) Or, a Dictionarie Declaring the Etymologies, the Originall and Derivation of All Words Used in Any Latine Authors, de Francis Holyoake, Kingston, 1639.
Este nome grego foi citado por Aristóteles, que describe na súa obra Historia dos animais ou Investigacións sobre os animais (en grego Περὶ Τὰ Ζῷα Ἱστορίαι, en latín Historia animalium) varios paxaros con este nome.Geoffrey Arnott, W (2007): Birds in the Ancient World from A to Z. Routledge.
Clasificación No xénero recoñécense actualmente as seguintes especies:Aegithalos Hermann, 1804 no ITIS.
Xénero Aegithalus Hermann, 1804 Aegithalos bonvaloti (Oustalet, 1892) Aegithalos caudatus (Linnaeus, 1758) Aegithalos concinnus (Gould, 1855) Aegithalos fuliginosus (J. Verreaux, 1869) Aegithalos glaucogularis (Moore, 1855) Aegithalos iouschistos (Blyth, 1845) Aegithalos leucogenys (Moore, 1854) Aegithalos niveogularis (Gould, 1855) Aegithalos sharpei (Rippon, 1904)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos Exitálidos
Ligazóns externas Aegithalos Hermann, 1804 no ITIS. Aegithalos na EOL. Aegithalos no NCBI. Aegithalos en Bushtits, leaf warblers & reed warblers. Congreso Ornitolóxico Internacional. Aegithalos en Passeriformes. Por Alan P. Peterson.
Categoría:Paseriformes Categoría:Aves de Galicia