Nil Nykolai Savaryn (en ), nado en Staryi Sambir o 19 de maio de 1905 e finado o 7 de xaneiro de 1986, foi un eclesiástico católico ucraíno, primeiro bispo de Edmonton dende 1956 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu en Staryi Sambir, unha vila entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria (hoxe na rexión de Lviv, Ucraína), o 19 de maio de 1905. Foi ordenado sacerdote o 23 de agosto de 1931 polo bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Yosafat Kotsylovskyi. O 3 de abril de 1943 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado do Canadá e bispo titular de Ios. Recibiu a consagración episcopal o 1 de xullo de 1943 de mans do exarca apostólico do Canadá Vasyl Ladyka. O 3 de marzo de 1948 foi nomeado exarca apostólico do Canadá Occidental. Coa elevación da sé o 3 de novembro de 1956 foi nomeado bispo de Edmonton. Finou no cargo o 7 de xaneiro de 1986.

Notas

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados no distrito de Staryi Sambir, rexión de Lviv Categoría:Bispos católicos do Canadá Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína