José María Gayoso de la Fuente, nado en Doade (Sober), foi un político galego.

Traxectoria Foi elixido concelleiro de Sober en 1931, encadrado no PSOE. Logo da destitución do anteriro alcalde, foi nomeado alcalde de Sober polo gobernador civil o 16 de decembro de 1932.La Voz de Galicia, 21-12-1932, p. 6. Foi dirixente da Sociedade "Trabajadores de la Tierra" de Doade encadrada na UGT. Foi detido a principios de outubro de 1934 pola folga xeral revolucionaria de 1934.El Pueblo Gallego, 3-11-1934, p. 11. En febreiro de 1936 foi procesado por tenencia de armas de fogo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado en xullo de 1937 con José Rodríguez Páramo por malversación de caudais, e finalmente absolto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

José María Gayoso de la Fuente, alcalde de Sober en 1931, dirixente do centro comunista de Doade Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Sober Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes