María Vinyals Ferrés, nada en Soutomaior o 14 de agosto de 1875 e finada en París na década de 1940, foi marquesa de Ayerbe e escritora galega.

Traxectoria miniatura|esquerda|En 1907 por Campúa, xunto a Emilia Pardo Bazán e Faustino Rodríguez-San Pedro. Naceu no castelo de Soutomaior, provincia de Pontevedra, o 14 de agosto de 1875. Recibiu bens dos seus tíos os marqueses de la Vega e Armijo. Casou en 1896 con Juan Jordán de Urríes, marqués de Ayerbe. Publicou en 1904 a súa obra El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor. Vinyals, que tivo relación con Emilia Pardo Bazán, María Barbeito e Carmen de Burgos, inscribiuse no Ateneo de Madrid en 1906. Foi fundadora do Centro Ibero-Americano de Cultura Popular Feminina, institución co obxectivo de ensinar a mozas que non tiñan acceso a outro tipo de educación. En 1909, tralo falecemento do marqués, casou co médico cubano Enrique Lluria. Membro do Partido Socialista Obrero Español, estivo afiliada na Agrupación Feminina Socialista de Madrid e escribiu varios artigos en publicacións coma El Imparcial, El Fígaro ou Blanco y Negro. Tratou nos seus escritos a cuestión da importancia da educación da muller coma ferramenta para a rexeneración social, ademais de propugnar a complementariedade do home e a muller na xestión pública.

En 1919 trasladouse a Cuba. Faleceu en París durante a ocupación nazi da cidade na segunda guerra mundial.

Recoñecementos En 2025, con motivo do 150 aniversario do nacemento de María Vinyals, o concello de Soutomaior organizou un congreso internacional sobre esta pioneira para axudar "a coñecer a súa obra, o seu ideario socialista e feminista e o seu activismo".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

"María Vinyals. Unha precursora da igualdade"

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Xornalistas de Soutomaior Categoría:Marqueses de España Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Nados en 1875 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público