O Gran Premio da China de 2017 oficialmente 2017 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de abril de 2017 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2017, e marca o décimo cuarta vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.
A carreira estivo marcada por dificultades nas sesións de adestramentos do venres, cando o clima en Xangai provocou que o helicóptero médico estivese dispoñible e só puidéronse disputar 20 minutos de carreira. Lewis Hamilton logrou a súa sexta pole consecutiva no Gran Premio da China, diante de Sebastian Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. A carreira comezou coa pista mollada, pero non houbo choiva durante a carreira, e Hamilton liderou a carreira de principio a fin e estableceu a volta rápida. Vettel entrou en boxes para cambiar de pneumáticos intermedios a slick durante un coche virtual da seguridade, caendo á sexta posición, pero recuperou ao segundo lugar. O piloto do día foi Max Verstappen que comezou 16º e adiantou a nove coches na primeira volta, logrou chegar ata a segunda posción pero acabou terceiro.
Resumo Carreira A FIA tomou medidas para asegurar que o acceso ao helicóptero médico de urxencia que provocou á cancelación da maior parte da práctica do venres non impedira o funcionamento da carreira mesma. Unha escolta da policía púxose a disposición para facilitar o transporte terrestre rápido, e un equipo neurolóxico especialista foi trasladado a un hospital situado a cinco quilómetros da pista Isto incluíu amañarse "para que un equipo completo de neurocirurxía do Hospital Huashan estivese presente no hospital de Ruijin o domingo" deixando así ao equipo médico da FIA "satisfeito de que o Hospital de Ruijin non só será facilmente accesible en todas as condicións climáticas, senón tamén será capaz de proporcionar a atención necesaria".
Choveu de maneira considerable na mañá da carreira, pero a saída realizaouse seguindo o procedemento estándar. Todos excepto Sainz optaron por comezar con pneumáticos intermedios en lugar de slicks. Vettel foi investigado por estar fóra de posición ao principio, mentres o seu coche estaba fóra da súa caixa de boxes cara a Hamilton, pero finalmente non recibiu ningunha sanción. As primeiras voltas viron unha colisión entre Pérez e Stroll deixando Stroll chantado nunha trampa de grava e provocando un coche de seguridade virtual durante o cal Vettel entrou a poñer slicks. Pouco despois Giovanizzi sufriu un accidente importante na liña de meta, que provocou a saída do coche de seguridade que permitiu á maioría dos pilotos entrar en boxes a cambiar a slicks. Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco segundos por adiantar a Grosjean baixo o coche virtual de seguridade, e unha penalización de dez segundos por superar a Ericsson baixo o safety car.
No momento en que o coche de seguridade entrou, Hamilton lideraba diante de Ricciardo e Verstappen, que fixera unha serie de adiantamentos en condicións esvaradizas, cos Ferraris cuarto e quinto. Verstappen superou a Ricciardo na volta 11 para o segundo lugar, logo de comezar 16º, demostrando novamente a súa habilidade en condicións difíciles (similares ao Gran Premio do Brasil de 2016). Cos Ferraris incapaces de adiantar a Ricciardo, Hamilton e Verstappen sacaron unha vantaxe significativa, con Hamilton catro segundos por diante de Verstappen e nove segundos por diante de Ricciardo na volta 20, volta na que Vettel superou a Räikkönen. Dúas voltas despois, Vettel alcanzou a Ricciardo e pechou rapidamente a distancia con Verstappen. Na volta 27, Hamilton construíra unha vantaxe de 8,5 sobre Verstappen con Vettel preto de 1,5 segundos máis atrás, e Ricciardo e Räikkönen a 2 e 4 segundos detrás de Vettel. Verstappen cometeu un erro na volta 29, bloqueando e permitindo a Vettel poñerse segundo, 10´6 segundos detrás de Hamilton a falta de 27 voltas. Verstappen detívose para poñer pneumáticos novos na volta seguinte, volvendo á pista 6º detrás de Bottas.
Verstappen mostrou unha gran mellora cos seus pneumáticos novos, adiantando rapidamente a Bottas, o que levou a paradas en boxes para Vettel (que estaba perdendo tempo ante Hamilton) e logo para Hamilton na volta 37, que volveu á pista con pneumáticos brandos xusto por diante de Räikkönen. Räikkönen foi o último dos seis mellores pilotos en parar para cambiar os pneumáticos malia as súas repetidas queixas de problemas cos pneumáticos, probablemente porque o pitting provocoulle pasar de segundo a sexto, detrás dos dous coches de Red Bull. Na volta 42 os cinco primeiros eran Hamilton, Vettel, Verstappen, Ricciardo e Räikkönen. Os Red Bulls loitaron pola última posición no podio nas últimas voltas, pero Ricciardo non logrou superar ao seu compañeiro de equipo, e a orde mantívose sen cambios durante as últimas 15 voltas. Sainz, Magnussen, Pérez e Ocon completaron os dez primeiros.
A carreira foi a 54ª vitoria de Hamilton na Fórmula 1, a súa quinta vitoria no Gran Premio da China (anteriormente gañou no Gran Premio da China de 2008, 2011, 2014, e 2015), e a 65ª vitoria para Mercedes na súa 150ª carreira na F1. Con Hamilton gañando a carreira e Vettel en segundo lugar, os dous chegaran á terceira carreira do campionato en Bahrain empatados no Campionato Mundial de pilotos con 43 puntos, pero con Mercedes diante de Ferrari no Campionato de Construtores. A volta rápida da carreira estableceuna Lewis Hamilton na volta 44 nun tempo de 1:35.378, máis de catro segundos máis rápido que a volta rápida de Nico Hülkenberg de 1:39.824 na carreira de 2016. Hamilton converteuse no segundo piloto, logo de Schumacher, en gañar cinco ou máis veces en tres pistas diferentes. E igualou a marca de Alain Prost de 106 podios. A carreira foi o seu terceiro "grand slam" (pole, vitoria, volta rápida e liderar todas as voltas da carreira). Hamilton tamén igualou o récord de Jim Clark de 11 "hat-tricks" (carreiras gañadas logrando tamén a pole mentres e a volta rápida.
Clasificación Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTemposcualificaciónGrellaFinalQ1Q2Q31 44 Lewis HamiltonMercedes1:33.3331:32.4061:31.67812 5 Sebastian VettelFerrari1:33.0781:32.3911:31.86423 77 Valtteri BottasMercedes1:33.6841:32.5521:31.86534 7 Kimi RäikkönenFerrari1:33.3411:32.1811:32.14045 3 Daniel Ricciardo1:34.0411:33.5461:33.03356 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes1:34:2051:33.7591:33.50767 27 Nico HülkenbergRenault1:34.4531:33.6361:33.58078 11 Sergio PérezForce India-Mercedes1:34.6571:33.9201:33.70689 26 Daniil KvyatToro Rosso1:34.4401:34.0341:33.719910 18 Lance StrollWilliams-Mercedes1:33.9861:34.0901:34.2201011 55 Carlos SainzToro Rosso1:34.5671:34.1501112 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:34.9421:34.164 1213 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda1:34.4991:34.3721314 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari1:34.8921:35.0461415 36Sauber-Ferrari1:34.963sen tempo 18Antonio Giovinazzi recibiu unha penalización de cinco posicións na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.16 2 Stoffel VandoorneMcLaren-Honda1:35.0231517 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari1:35.22319Romain Grosjean e Jolyon Palmer recibiron cinco postos de penalización por ignorar as bandeiras amarelas durante a cualificación.18 30 Jolyon PalmerRenault1:35.2792019 33 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer1:35.4331620 31 Esteban OconForce India-Mercedes1:35.49617 107% tempo límite: 1:39.593 Fonte:
Carreira Pos.NºPilotoConstrutorvoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 44 Lewis HamiltonMercedes561:37:36.158 1252 5 Sebastian VettelFerrari56 +6.2502183 33 Max VerstappenRed Bull Racing-TAG Heuer56 +45.19216154 3 Daniel Ricciardo56 +46.0355125 7 Kimi RäikkönenFerrari56 +48.0764106 77 Valtteri BottasMercedes56 +48.808387 55 Carlos SainzToro Rosso56 +1:12.8931168 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari55 +1 volta1249 11 Sergio PérezForce India-Mercedes55 +1 volta8210 31 Esteban OconForce India-Mercedes55 +1 volta17111 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari55 +1 volta1912 27 Nico HülkenbergRenault55 +1 volta713 30 Jolyon PalmerRenault55 +1 volta2014 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes55 +1 volta615 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari55 +1 volta14Ret 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda33palier13Ret 26 Daniil KvyatToro Rosso18Hidráulica9Ret 2 Stoffel VandoorneMcLaren-Honda17Presión combustible15Ret 36Sauber-Ferrari3Accidente18Ret 18 Lance StrollWilliams-Mercedes010+Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel43 10px2 Lewis Hamilton43 10px 23 Max Verstappen25 10px 14 Valtteri Bottas23 10px 15 Kimi Räikkönen 22
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px 11 Mercedes 66 10px 12 Ferrari 65 10px3 37 10px 24 Toro Rosso 12 10px5 Force India-Mercedes 10
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
China Categoría:Gran Premio da China de Fórmula 1