Crusader Kings II é un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Paradox Interactive para Microsoft Windows, Linux e macOS e lanzado o 14 de febreiro de 2012. Dende o 19 de outubro de 2019 pode ser descargado de forma gratuíta nas diferentes plataformas. Ademais posúe unha secuela, Crusader Kings III, lanzado o 1 de setembro de 2020.
Ao igual que outros títulos de Paradox Interactive, o xogo pon ao xogador ao mando dunha dinastía histórica no período entre 769 e 1453, co obxectivo de manexar unha serie de mecánicas de estratexia complexas que inclúen guerras, conflitos dinásticos e outros.
Descrición Contrólase unha dinastía no período 769-1453. A través do uso da guerra, os matrimonios e os asasinatos entre outras accións, o xogador traballa para levar á súa dinastía á prosperidade. O final está completamente aberto, polo que a definición de prosperidade queda definida polo xogador. O único obxectivo final do xogo é conseguir cantos máis puntos de prestixio sexan posibles para superar a outras dinastías cristiás (as tres máis prestixiosas son os Capetos, os Ruríkovich e os Habsburgo) nunha clasificación ficticia). O xogo acaba cando o teu personaxe morre sen un herdeiro da súa dinastía para sucederlle.
O xogo emprega un sistema de xenética e educación no que os fillos herdarán a maior parte das súas características, cultura, relixión e habilidades dos seus pais e o seu titor. Isto engade unha estratexia adicional aos matrimonios onde un xogador intentará conseguir os mellores individuos para maximizar a condición da futura sucesión.
Lanzamento e recepción
Notas
Categoría:Videoxogos de Paradox Interactive Categoría:Videoxogos de estratexia en tempo real Categoría:Videoxogos de 2012 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Suecia