Ramiro Carbón Fornos, Lagoa, nado na Lagoa (Soaserra, Cabanas) e finado na Capela o 23 de febreiro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fuxido desde 1937, para evitar ir á guerra. Na primavera de 1944 organizou con Manuel Eive Villar, o seu irmán Evaristo Eive Villar e José Vázquez Mauriz un grupo guerrilleiro na comarca do Eume no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. En 1944 dirixiu unha partida na Capela. O 23 de febreiro de 1945 matou o miliciano José Rodríguez. Foi asasinado nunha emboscada da Garda Civil en Vilar de Mouros o 23 de febreiro de 1946.
Trala súa morte puxéronlle o seu nome a un destacamento do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes