San Claro de Vienne, tamén coñecido como Claro do Delfinado (en ), nado en data descoñecida en Saint-Clair-du-Rhône (Reino de Borgoña) e finado arredor de 660 en Vienne, foi un relixioso e abade cristián, venerado como santo na Igrexa católica.

Biografía Nado no actual Saint-Clair-du-Rhône en data descoñecida, e finado arredor de 660. Claro foi abade do mosteiro de San Marcelo de Vienne, no Reino de Borgoña. No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito:

A Vita sancti Clari recolle a súa traxectoria.

Culto O culto ao santo ten moita vitalidade na rexión de Vienne, onde está presente dende o século VIII, poucas décadas logo da morte do santo. A confirmación do culto veu por parte do papa Pío X en 1903. Levan a súa advocación dez parroquias da rexión do Delfinado, e varios lugares levan o seu nome. As súas reliquias están en Aix-les-Bains.

A súa memoria é o 1 de xaneiro; porén, na diocese de Viviers se traslada ao día seguinte. Nas dioceses de Annecy, Chambéry, Grenoble e Lión ten rango de festividade, e celébrase tamén o 2 de xaneiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en santiebeati.it

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados no departamento de Isère Categoría:Finados en 660 Categoría:Relixiosos católicos de Francia Categoría:Sacerdotes católicos de Francia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina