Os Minnesota Twins son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Minneapolis, Minnesota. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). O nome do equipo provén do alcume da área metropolitana de Minneapolis-St. Paul, Twin Cities (do inglés: Cidades Xemelgas). Desde 2010 xogan os seus partidos como local no Target Field, campo con capacidade para 38.885 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da MLB