El Museo Universal foi unha revista editada na cidade española de Madrid entre 1857 e 1869.
Historia miniatura|275px|A vitrina da empresa Gaspar y Roig cando se exhibe «El Museo Universal». De distribución nun primeiro momento quincenal, que pasou a ser semanal. Publicouse entre 1857 e 1869 e contiña unha notable cantidade de láminas e gravados. Os seus fundadores foron José Gaspar Maristany e Fernando Roig. El Museo Universal foi herdeira de Semanario Pintoresco Español, cuxa publicación finalizou precisamente en 1857, e, á súa vez, unha especie de xerme da revista La Ilustración Española y Americana, fundada en 1869.
O seu principal director foi o xornalista Nemesio Fernández Cuesta y Picatoste, do que Cecilio Alonso afirma que levou á revista a cruzar límites de «intencionalidade política» por encima do que se consideraba normal nunha revista ilustrada de arte, literatura e ciencia. A partir de 1865 a revista tivo un importante colaborador en Gustavo Adolfo Bécquer. Nela publicou tamén Manuel Murguía. Entre os artistas gráficos, contou con achegas de Valeriano Domínguez Bécquer, Bernardo Rico, Enrique Laporta, Francisco Laporta, Daniel Urrabieta, Francisco Ortego, Carlos Ribeira, Federico Ruiz, Tomás Carlos Capuz ou Joaquín Sierra y Ponzano, entre outros.
En palabras de Charnon-Deutsch, a aparición da revista —xunto ao da súa sucesora, La Ilustración Española y Americana— supuxo o que «España vise por fin "unha revista española ilustrada que combinase noticias do día a día cunha visión monumental do seu pasado nacional"» e segundo Trancón Lagunas formaría xunto a Semanario Pintoresco Español e o Museo de las Familias «a triloxía de revistas máis importantes do século [en España] até a revolución do 68».
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
, Bernardo (2001)
Outros artigos La Ilustración Española y Americana Ligazóns externas Exemplares de El Museo Universal na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas españolas do século XIX