Ex Machina (estilizado como ex_machina ou EX_MACHINA) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción e suspense escrito e dirixido por Alex Garland que se estreou no 2015. Está protagonizado por Domhnall Gleeson, Oscar Isaac e Alicia Vikander. O filme conta a historia dun programador que é convidado polo seu CEO a administrar unha proba de Turing dun robot humanoide con intelixencia artificial.

Cun orzamento de $15 millóns, recadou máis de $36 millóns en todo o mundo e recibiu a aclamación da crítica. A National Board of Review recoñeceuno como un dos mellores dez filmes independentes do ano e na 88ª edición dos Oscar foi galardoado co Oscar ós mellores efectos visuais, obra dos artistas Andrew Whitehurst, Paul Norris, Mark Williams Ardington e Sara Bennett. Garland tamén foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal, mentres que a interpretación de Vikander valeulle nomeamentos ós BAFTA, ós Globos de Ouro, ós Empire Award e ós Premios Saturn.

Personaxes Alicia Vikander como Ava Domhnall Gleeson como Caleb Smith Oscar Isaac como Nathan Bateman Sonoya Mizuno como Kyoko Symara A. Templeman como Jasmine Elina Alminas como Amber Gana Bayarsaikhan como Jade Tiffany Pisani como Katya Claire Selby como Lily Corey Johnson como Jay, o piloto de helicóptero

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Alex Garland Categoría:Filmes sobre informática Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Noruega Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de A24 Films