Drive Like Jehu é unha banda estadounidense de post-hardcore procedente de San Diego (California). Formárona en 1990 o guitarrista e vocalista Rick Froberg e o guitarrista John Reis tras a separación do seu grupo Pitchfork, e nela tamén estaban o baixista Mike Kennedy e o batería Mark Trombino. A súa música caracterizábase por composicións multiseccionadas, patróns de guitarra entrelazados, construcións orquestradas e melodías elípticas que producían un distintivo son entre outros grupos de post-hardcore e tivo efecto na evolución do hardcore punk cara ao emo.

Tras publicar o seu epónimo álbum de estrea en 1991 a través dos selos locais Cargo Music and Headhunter Records, Drive Like Jehu asinou un contrato con Interscope Records xunto coa outra banda de Reis, Rocket from the Crypt. O seu segundo traballo, Yank Crime (1994), conseguiu un seguimento de culto, pero o grupo separouse pouco despois. Reis continuou con Rocket from the Crypt e Trombino converteuse nun exitoso produtor discográfico e enxeñeiro de son, mentres que Froberg e Kennedy seguiron carreiras fóra da músia. Dende 1999 a 2005 Reis e Froberg reuníronse en Hot Snakes, e Reis reeditou Yank Crime a través do seu selo Swami Records. No ano 2014 Drive Like Jehu reuniuse para realizar varios concertos.

Discografía Álbum Ano Selo Drive Like Jehu 1991 Cargo, Headhunter Yank Crime 1994 Interescope

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 1990