María de los Remedios Castedo Carballo, nada en Pol o 7 de setembro de 1973, é unha política galega do PPdeG. Traxectoria Diplomada en Maxisterio, é mestra de Educación Infantil. Foi concelleira e terceira tenente de alcalde en Pol. Formou parte do comité executivo de Novas Xeracións de Lugo. Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2001.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Concelleiros de Pol Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1973 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes