Juan Antonio Tomé Paule, nado en Pozuelo de Zarzón en 1933, é un escritor estremeño.
Traxectoria Trabalou como mestre de escola en Gata por dous anos e máis de corenta en Hoyos. Tamén foi correspondente do xornal estremeño HOY dende o ano 1954. Hoxe está xubilado e vive na vila de Hoyos.
Obra A Juan Antonio gustoulle dende sempre escribir, feito que cultivou tanto en castelán como en estremeño. Ademais colaborou en distintas publicacións, salientando o seu labor para o xornal HOY. Conseguiu premios e galardóns en certames poéticos en diferentes lugares da xeografía estremeña. O seu poema Un mundo cambiáu, quizais o máis famoso, gañou o accesit da sétima edición do concurso poético "Ruta de la Plata" na categoría de fala popular.
Véxase tamén Bibliografía Martínez Terrón, L., Primera Antología de Poesía Extremeña, Caçris, ei. autor, 2005.
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Escritores en lingua estremeña Categoría:Escritores de Estremadura