miniatura|300x300px|Mulleres suplicando aos soldados rebeldes pola vida dos seus familiares prisioneiros. Constantina (Sevilla), verán de 1936. dereita|miniatura|300x300px|Fosa común en Estépar, provincia de Burgos, con 26 vítimas do bando republicano. A escavación tivo lugar nos meses de xullo e agosto do 2014. A represión franquista refírese ao longo proceso de violencia física, económica, política e cultural que sufriron durante a guerra civil española os partidarios do bando republicano na zona sublevada, e durante a posguerra e o réxime de Franco os perdedores da guerra civil -os republicanos-, os que os apoiaban ou podían apoialos, os que eran denunciados como antifranquistas -fóseno ou non-, así como posteriormente os membros de organizacións políticas, sindicais e en xeral quen non estaba de acordo coa existencia da ditadura franquista, manifestaban a súa oposición á mesma e quen constituían ou podían constituír un perigo para a mesma.

Na historiografía non española, a represión franquista adóitase denominar terror branco (white terror en inglés, terreur blanche en francés).Antony Beevor, La guerra civil española, col.Stanley G. Payne, A History of Spain and Portugal, Tomo 2 Capítulo 26, 'The Spanish Civil War of 1936-1939' (consultado o 23 de xullo de 2010).Guy Hermet, La Guerre d'Espagne, Seuil, 1989.Pierre Broué e Émile Témime, La Révolution et la guerre d'Espagne, Ediciones de Minuit, 1961, (reedición en 1996)

O período álxido de represión e violación dos dereitos humanos (que corresponde ao chamado "terror branco") empezou co alzamento militar de xullo de 1936 e considérase que rematou en 1945, cando a segunda guerra mundial puxo fin ás ditaduras de Hitler e Mussolini, principais apoios do réxime franquista. A partir de 1945, ano da promulgación do Foro dos Españois, adóitase falar de represión franquista, unha represión que se aplicou durante toda a ditadura até o falecemento de Francisco Franco o 20 de novembro de 1975.Stanley G. Payne, El régimen de Franco (1936–1975). Alianza Editorial, Madrid, 1987. ISBN 84-206-9553-X.

Segundo distintos informes coincidentes, España é o segundo país do mundo en número de desaparecidos cuxos restos non foron recuperados nin identificados, tras Camboxa.Jueces para la democracia acusa al Gobierno de incumplir la ley de memoriaEl Gobierno se queja por la "excesiva atención" de la ONU a los desaparecidos del franquismo."España es el segundo país con más desaparecidos después de Camboya" .Al menos 88.000 víctimas del franquismo continúan sepultadas en fosas comunes.

Tipos de represión miniatura|245x245px|Milicianos republicanos caídos prisioneiros dos sublevados durante a Batalla de Guadarrama. A ditadura franquista recorreu ó longo de toda a súa existencia, até 1976, ós métodos represivos propios de todo réxime non democrático. A non observancia destas prohibicións levaba penas de cárcere, sancións e multas, así como violencia física na primeira fase represiva do réxime. A represión exercida polo franquismo estendeuse a toda a sociedade e pode clasificarse do seguinte modo:

A represión violenta e física

Axustizamentos, asasinatos e desaparicións forzosas miniatura|Localización xeográfica das fosas ou lugares de enterramento da guerra civil española das que se dispón información.

Símbolos segundo a actuación realizada sobre cada unha delas:

Fonte: Ministerio de Xustiza de España Inclúe os axustizamentos "legais", en cumprimento de sentenzas ditadas por tribunais militares durante o período da guerra civil, os asasinatos ilegais, as chamadas sacas, practicadas á marxe das autoridades militares, pero co pleno coñecemento de que se estaban levando a cabo. As "sacas" foron especialmente intensas durante os meses de xullo e agosto de 1936. Dentro do ámbito da represión física tamén se inclúe o encarceramento e calquera pena de privación de liberdade. A represión violenta e física exercida polo réxime continuou despois da fin da contenda, en período de paz, e prolongouse até os anos 1970, adoptando métodos non tan masivos e máis axustados á legalidade establecida polo sistema xudicial vixente naquel período. As desaparicións forzosas seguiron producíndose até despois da segunda guerra mundial.BBC, 16/10/2008, La Historia detrás de la decisión, consultado o 26/06/2011.La ONU insta a España a juzgar el franquismo, 17/09/2010 lavozdeasturias.Urgente ratificar Convención sobre desapariciones forzadas: CICR y AI , publimetro 30-08-2010. Moitos dos encargados da represión ou a administración nos campos foran vítimas na zona republicana, e por este motivo mantiveron unha vontade de furia e vinganza cara aos vencidos.Hugh Thomas (1976); Historia de la Guerra Civil Española, páx. 993 Tampouco os funcionarios de alta instancia da posguerra se mostraron moi contrarios a este clima de represión e vinganza: O Director Xeral de Prisións, Máximo Cuervo Radigales, e o xefe do Corpo Xurídico Militar, Lorenzo Martínez Fuset, contribuíron en non pouca medida a crear este clima represivo.Hugh Thomas (1976); Historia de la Guerra Civil Española, páx. 991

Balance Moitas das vítimas foron enterradas en fosas comúns repartidas por toda España, a miúdo fóra dos cemiterios e espalladas polo campo, e sen que a súa morte fose inscrita nos rexistros civís. Desde principios dos anos 2000, diversas asociacións de vítimas do franquismo como a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica encargáronse de localizar estas fosas para identificar os restos dos axustizados e entregalos ós seus familiares para que puidesen darlles unha sepultura digna. A lei de memoria histórica, aprobada en decembro de 2007, pretende facer efectivos os novos dereitos recoñecidos ás vítimas do franquismo para equipararlas ás vítimas do outro bando, e estableceu un mapa de fosas e vítimas, en constante actualización.

Segundo o historiador británico Antony Beevor, o número total de vítimas da represión franquista podería achegarse a 200.000, tendo en conta que en varias provincias o reconto aínda non fora efectuado en 2005.Antony Beevor, La Guerre d'Espagne, Calmann-Lévy, 2006, páxs. 180-181, ISBN 2-7021-3719-9

Segundo o historiador británico Hugh Thomas, o balance da represión levada a cabo polos nacionais cifraríase en 75.000 mortos durante a guerra, dos que dous terzos corresponderían aos primeiros meses do conflito (incluíndo as execucións nos campos de concentración, as ordenadas polos tribunais despois de 1936 e os mortos na fronte).Hugh Thomas, La guerre d'Espagne, Robert Laffont, 2009, páxs.209 e 711. Estas cifras alcanzarían 100.000 mortos se se inclúen os represaliados polos nacionais nos territorios conquistados.

Diversas estimacións presentan cifras ao redor de 150.000 vítimas, algunhas apuntando até 400.000 mortos, segundo o período considerado e a inclusión ou non das vítimas mortas en campos de concentración.CASANOVA, Julían; ESPINOSA, Francisco; MIR, Conxita; Moreno Gómez, Francisco.Michael Richards, A Time of Silence: Civil War and the Culture of Repression in Franco's Spain, 1936-1945, Cambridge University Press, 1998, páx.11.Gabriel Jackson, La república española y la guerra civil RBA., 2005, Barcelona. páx.466. O historiador francés Guy Hermet subliña que os masacres se prolongaron máis tempo baixo o goberno franquista. En canto aos centos de miles de presos internados en campos de concentración franquistas, 192.000 serían fusilados, ás veces varios anos despois da fin da contenda, con picos de varios centenares de execucións ao día nalgúns períodos de 1939 e 1940.Guy Hermet, La Guerre d'Espagne, Seuil, 1989, páx. 180.

Nenos roubados Episodio menos coñecido da represión franquista, o réxime alentou separar a nenos das súas nais cando estas estaban encarceradas. Cando os nenos nados no cárcere alcanzaban tres anos de idade (que non era común ao recibir intencionadamente unha dieta hipocalórica que lles provocaba unha alta mortalidade), e cando non existían familiares que puidesen facerse cargo deles, pasaban a ser "tutelados" pola Sección Feminina da Falanxe, e en particular polos Padroados de Redención de Penas que se encargaban de educar aos fillos dos detidos.Franco desplegó en la postguerra la "multi-represión" contra los vencidos con métodos nazis Segundo estudo publicado por Ricard Vinyes, entre 1944 e 1945 o Padroado de San Pablo contabilizou 30.000 menores fillos de encarcerados e exiliados, aos que habería que engadir 12.000 tutelados polo Padroado da Merced.</ref>Los niños robados del Franquismo , Ruth Alvarado Sánchez. O auto de instrución realizado polo Xulgado de Instrución Penal n° 5 da Audiencia Nacional española cifra en 30.960 o número de nenos de detidos republicanos cuxas identidades foron supostamente cambiadas no Rexistro Civil para que fosen entregados a familias que apoiaban o réxime franquista.«Report of the Working Group on Enforced or Involuntary Disappearances - Mission to Spain (A/HRC/27/49/Add.1)».

En novembro de 1940, o Ministerio de Gobernación publicou un decreto sobre os orfos de guerra, a saber fillos de pais fusilados ou desaparecidos (exiliados, esquecidos nos cárceres, fuxitivos e clandestinos), segundo o cal só «persoas irreprochables desde o punto de vista relixioso, ético e nacional» podían obter a tutela deses nenos. En decembro de 1941, unha lei permitiu que os nenos que non lembrasen o seu nome, fosen repatriados ou cuxos pais non puidesen ser localizados fosen inscritos no Rexistro Civil baixo un novo nome, o que facilitou que puidesen ser adoptados de forma irregular. Esta práctica estendeuse a todo o período da ditadura franquista.

Na súa Declaración de condena da Ditadura Franquista do 17 de marzo de 2006 (Recomendación 1736, punto 72, 73, 74 e 75), o Consello de Europa afirmou que os «nenos perdidos» son vítimas do Franquismo, dado que os seus «apelidos foron modificados para permitir a súa adopción por familias adictas ao réxime». Tamén afirmou que «o réxime franquista invocaba a 'protección de menores' pero a idea que aplicaba nesta protección non se distinguía dun réxime punitivo», e que «frecuentemente eran separados das demais categorías de nenos internados nas Institucións do Estado e sometidos a malos tratos físicos e psicolóxicos».Audiencia Nacional: Auto del juez Baltasar Garzón de 18 de noviembre de 2008.

A represión administrativa Practicada con todos os funcionarios do Estado Republicano, tanto nas institucións Centrais, como en deputacións e municipios, levada a cabo mediante un proceso de purga coñecido co nome de depuración. Os funcionarios eran castigados con sancións que ían desde o encarceramento, o traslado forzoso, a suspensión de emprego e soldo, a inhabilitación e a separación. Para a obtención dunha praza, dábase prioridade aos leais ao Movemento Nacional, e esixíase a presentación de "certificados de boa conduta" expedidos polo xefe local de FET e das JONS —a través dos informes do Servizo de Información e Investigación— e o cura da parroquia.Paul Preston, The Spanish Civil War.

Miles de oficiais que serviran á República foron expulsados do exército.Javier Tusell, La dictadura de Franco, Ediciones Altaya, Madrid, 1996, páx. 174

A represión educativa