dereita|miniatura|260px|SES a actuar en Pontevedra presentando o seu álbum: Opoñerse á Extinción (febreiro de 2017) Opoñerse á extinción é o cuarto álbum da cantautora bergantiñá SES, que saíu á venda o 2 de decembro de 2016 e que continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, ademais de novas sonoridades e unha pegada clara de cantareira. O álbum conta con once temas sobre honestidade, denuncia social e rabia pola desaparición da cultura galega, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. A propia autora descríbeo coma un disco de amor. Inclúe unha canción (Con Tambores de Mar) dedicada á filla (Sara) dunha das súas cantoras. A Paz Esquiva foi o primeiro sinxelo, lanzado en novembro de 2016. En 2017 comeza unha xira que percorre distintas vilas galegas (A Coruña, Ourense, Burela, Vigo, Pontevedra...) e mesmo fóra de Galiza (Bilbao, Madrid, Badalona). Foi publicado baixo o selo Fol Música.

Listaxe de cancións

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de SES

Categoría:Álbums de Sés Categoría:Álbums musicais de 2016