John David Barber, nado en Little Marlow (Buckinghamshire) o 22 de xullo de 1929Grand Prix Data Book é un expiloto de carreiras inglés. Antes da súa andaina nas carreiras era peixeiro en Londres.

Traxectoria Primeiro competiu cun Cooper-JAP, logo comprou un Cooper-Bristol Mk1 de Fórmula 2 co que competiu durante 1952. Malia gañar unha carreira menor en Snetterton, tivo pouco éxito e finalmente estrelouse fortemente co coche cara ao final da tempada.

A comezos de 1953, Barber viaxou a Arxentina para competir na Fórmula Un, cun Cooper T23 oficial, chegou oitavo, a sete voltas do gañador. Tamén competiu nunha carreira de Fórmula Libre en Bos Aires e terminou 12º.

De volta en Inglaterra, correu nun Golding-Cooper, que construíu a partir dos restos do seu Cooper Mk1 accidentado. Cando compitía neste automóbil no Trofeo do Imperio Británico na Illa de Man, estivo involucrado nun accidente no que morreu outro piloto, James Neilson. Barber vendeu o coche pouco despois. A continuación correu en 1955, pilotando un Jaguar C-type.

Despois de que a súa andaina nas carreiras de motor chegara ao seu fin, Barber retirouse a vivir nun barco no Mediterráneo.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Cooper Car Company Cooper T23 Bristol 6 en liña ARX8 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper