Damià Sabater Tous, nado o 3 de febreiro de 1996 en Palma (Illas Baleares), é un futbolista español que xoga como centrocampista na SD Logroñés, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nado en Palma, Illas Baleares, Damià Sabater formouse nas categorías inferiores do Real Club Deportivo Mallorca, principal equipo da súa cidade natal, acompañando ao técnico Pepe Gálvez na súa progresión de adestrador desde as categorías inferiores ao primeiro equipo. Tras finalizar a súa formación, debutou co segundo equipo dos mallorquinos, o Mallorca B na temporada 2014–15 en Segunda División B. Tras o descenso do primeiro equipo á Segunda División, debuta en competición profesional na categoría de prata na derrota do seu equipo por 2-0 ante o CD Mirandés en Anduva. Tras acabar a temporada, o 12 de agosto de 2015, asina un contrato por catro anos co club, sendo ascendido definitivamento ao primeiro equipo. O seu primeiro gol como profesional chega o 24 de abril do ano seguinte, cando ano o gol do seu equipo na derrota por 2-1 ante o CD Lugo no Anxo Carro. Ao ano seguinte, o 30 de xaneiro de 2017, anúnciase a súa cesión precisamente ao Lugo.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesRCD Mallorca BSegunda B2014−2015110RCD MallorcaLaLiga22014−201510RCD MallorcaLaLiga22015−2016311RCD MallorcaLaLiga22016−201790CD LugoLaLiga2201780
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Palma Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CD Lugo