Bos gaurus, xeralmente chamado gauro, é unha especie de bovino asiático. É o bovino máis grande existente, nativo do sur e sueste asiático. É tamén a especie de maior altura entre os bovinos silvestres.Lydekker, R. (1888–1890). The new natural history Volume 2. Printed by order of the Trustees of the British Museum (Natural History), London. Esta especie está considerada como "vulnerable" na Lista vermella da IUCN desde 1986, xa que o declive da poboación en parte da súa área de distribución é probable que fose de máis do 70% durante as últimas tres xeracións. As tendencias da poboación son estables nas áreas ben protexidas, e está mellorando nunhas poucas zonas que foran anterioremnte descoidadas.
A forma semidomesticada do gauro é o gayal (Bos frontalis) ou mithun, que tamén pode vivir silvestre.Nowak, R. M. (1999). Gaur Pages 1158–1159 in Walker's Mammals of the World. Volume 1. The Johns Hopkins University Press, Baltimore, USA and London, UK. As análises filoxenéticas corroboraron que o gayal é taxonomicamente unha especie independente orixinada matriliñalmente do gauro, cebú e vaca.
Etimoloxía O nome gauro ou gaur, que xeralmente se lle dá en moitas partes do mundo e que forma tamén parte do seu nome científico, procede do sánscrito गौर gaura, que significa 'branco, amarelado, avermellado'. A palabra sánscrita gaur-mriga significa un tipo de búfalo acuático.Macdonell, A. A. (1929). गौर gaura . A practical Sanskrit dictionary with transliteration, accentuation, and etymological analysis throughout. Oxford University Press, London. A palabra hindi गौर gaur significa 'de pel loira, loiro, branco'.Caturvedi, M. (1970). गौर gaur. A practical Hindi-English dictionary. National Publishing House, Delhi. Page 184.
Tamén se lle chama seladang en Malaisia e ပြောင် (pyoung) en Birmania.Hubback, T. R. (1937). The Malayan gaur or seladang. Journal of Mammalogy 18 (3): 267–279.
Características
250px|esquerda|miniatura|Macho de gauro co seu típico dorso elevado. miniatura|Dimensións dos cornos do gauro. O gauro é forte e de corpo masivo cunha alta crista convexa na fronte entre os cornos, que se dobra cara a adiante, orixinando un profundo oco no perfil da parte superior da cabeza. Hai unha crista prominente ao longo das costas que vai desde os ombreiros á metade das costas. Os ombreiros poden estar 12 cm máis altos que os cuartos traseiros. Esta crista está causada pola gran lonxitude da apófise espiñosa das vértebras da parte anterior do tronco en comparación coas do lombo. As orellas son moi grandes; o rabo só chega ao xarrete, e nos touros vellos o pelo faise moi fino nas costas. O macho adulto é de cor castaña escura, aproximándose a negra en individuos moi vellos; porén, a parte superior da cabeza, desde a parte superior dos ollos á caluga, é cincenta ou máis raramente branca sucia; o fociño é de cor clara, e a parte inferior das patas é branca ou torrada. As femias e machos novos son máis claros, e nalgúns casos teñen un ton marrón avermellado, que está máis marcado en grupos que habitan zonas secas e abertas. O pelo é curto, fino e brillante e as pesuñas son estreitas e bicudas.
A lonxitude do animal da cabeza ao rabo é de 250 a 330 cm cunha lonxitude do rabo de 70 a 105 cm e a altura ata os ombreiros é de 165 a 220 cm. O peso medio dos adultos é de 650 a 1 000 kg, con algún macho que excepcionalmente pode chegar aos 1 500 kg.Smith, A. T., Xie, Y. (eds.) (2008). A Guide to the Mammals of China. Princeton University Press, Princeton Oxforshire. Page 472. Os machos son 1/4 máis grandes e pesados que as femias. En xeral as medidas tomáronse de gauros controlados da India e da China. O seladang, ou subespecie malaia, pode ser aínda máis grande pero non se publicaron medidas científicas.Hubback, T. R. (1937). The Malayan gaur or seladang. Journal of Mammalogy: 267-279.Ogilvie, C. S. (1953). The behaviour of seladang (Bibos gaurus). Oryx 2 (03): 167-169.
O gauro non ten unha papada distintiva na zona da gorxa e peito. Ambos os sexos teñen cornos, que crecen cara aos lados da cabeza, curvándose para arriba. Entre os cornos hai unha crista convexa sobre a fronte. Na súa base presenta unha sección transversal elíptica, unha característica que está máis fortemente marcada nos machos que nas femias. Os cornos están claramente aplanados na base e curvados de forma regular en toda a súa lonxitude e dóbranse cara a dentro e lixeiramente cara a atrás nas puntas. A cor dos cornos é de tons verdes claros ou amarelos en gran parte da súa lonxitude, pero as puntas son negras. Os cornos, de mediano tamaño para o habitual nos bóvidos, medran ata medir de 60 a 115 cm.
As femias son considerablemente máis claras que os machos. Os seus cornos son máis delgados e rectos, con máis curvatura cara ao interior, e a crista frontal é escasamente perceptible. Nos animais novos os cornos son lisos e puídos. Nos machos vellos están enrugados e dentados na base.
O gauro é un dos animais terrestres vivos máis grandes. Só os elefantes, rinocerontes, hipopótamos (Hippopotamus amphibius) e as xirafas (Giraffa camelopardalis) son máis grandes. Dúas especies que coexisten de forma natural co gauro son máis pesados: o elefante asiático (Elephas maximus) e o rinoceronte indio (Rhinoceros unicornis).Schaller, G. B., Simon, N. M. (1969). The endangered large mammals of Asia. In: Holloway, C. W. (ed.) IUCN Eleventh Technical Meeting. Papers and Proceedings, 25–28 November 1969, New Delhi, India. Volume II. IUCN Publications new series No. 18, Morges, Switzerland. Pp. 11-23.Hislop, J. A. (1966). Rhinoceros and seladang—Malaya's vanishing species. Oryx 8 (06): 353-359. Na maioría das medidas estándar o gauro é o maior dos bóvidos vivos. Porén, o máis masivo e de patas máis curtas búfalo de auga salvaxe (Bubalus arnee) é similar en masa corporal media, e xeralmente tamén na masa máxima.Owen-Smith, R. N. (1992). Megaherbivores: the influence of very large body size on ecology. Cambridge University Press.
Distribución e hábitat
miniatura|Gauro malaio chamado localmente seladang. miniatura|Gauro macho no Parque Nacional de Nagarhole. miniatura|Gauro indio no Parque Nacional Bandipur. O gauro vivía historicamente en terras continentais da amplas zonas do sur e sueste de Asia, comprendendo Vietnam, Camboxa, Laos, Tailandia, península malaia, Myanmar (antes Birmania), India, Bangladesh, Bután, China e Nepal e tamén había poboacións en Sri Lanka. Hoxe, a área de distribución da especie está seriamente fragmentada e está extinguido rexionalmente en Sri Lanka.
Os gauros están hoxe maiormente confinados en bosques perennes ou semiperennes e bosques caducos húmidos, pero tamén viven en áreas de bosques caducos na periferia da súa area de distribución. O hábitat do gauro está caracterizado por bosques grandes e relativamente non alterados bosques, terreos con outeiros por debaixo dos 1 500 a 1 800 m, con dispoñibilidade de auga, e abundancia de alimentos como herbas, bambú, arbustos e árbores. A súa aparente preferencia por terreos con outeiros pode deberse en parte á rápida conversión que sufriron a maioría das chairas e outras áreas de cotas baixas en campos agrícolas e pastos. Viven desde o nivel do mar ata altitudes de polo menos 2 800 m. As terras baixas parecen ser os seus hábitats óptimos.Choudhury, A. (2002). Distribution and conservation of the Gaur Bos gaurus in the Indian Subcontinent. Mammal Review 32: 199–226.
En Vietnam, varias áreas na provincia de Đắk Lắk tiñan poboacións de gauros en 1997.Le Xuan Canh, Pham Trong Anh, Duckworth, J. W., Vu Ngoc Thanh, Lic Vuthy (1997). A survey of large mammals in Dak Lak Province, Viet Nam. Unpublished report to IUCN and WWF. Hanoi, Viet Nam. Varias mandas deles seguen vivindo no Parque Nacional Cát Tiên e en terreos de empresas forestais estatais adxacentes.Polet, G..Ling, S. (2004). Protecting mammal diversity: opportunities and constraints for pragmatic conservation management in Cat Tien National Park, Vietnam. Oryx 38 (2): 186 O status actual das poboacións de gauro vietnamitas non se coñece ben, mais crese que está en grave declive.
En Camboxa, o gauro declinou considerablemente no período entre o final da década de 1960 e o inicio da de 1990. A poboación máis substancial do país está na Provincia de Mondulkiri, onde sobreviviron uns 1 .000 individuos nunha paisaxe forestal duns 1 5000 km2.Tordoff, A. W., Timmins, R. J., Maxwell, A., Huy Keavuth, Lic Vuthy, Khou Eang Hourt (eds.) (2005). Biological assessment of the Lower Mekong Dry Forests Ecoregion. WWF Greater Mekong Programme. Phnom Penh, Cambodia. Os resultados captados con cámaras trampa en 2009 indicaron unha poboación de gauro relativamene significativa no Bosque protexido de Mondulkiri e no contiguo Santuario de vida salvaxe de Phnom Prich.Channa, P., Sovanna, P., Gray, T. N. E. (2010). Recent camera trap records of globally threatened species from the Eastern Plains Landscape, Mondulkiri. Cambodian Journal of Natural History 2010 (2): 89–93.
En Laos, estimouse que vivían uns 200 individuos en áreas protexidas a metade da década de 1990.Timmins, R. J., Evans, T. D. (1996). Wildlife and Habitat Survey of the Nakai-Nam Theun National Biodiversity Conservation Area, Khammouan and Bolikhamsai Provinces, Lao PDR . A report to Centre for Protected Areas and Watershed Management, Department of Forestry, Vientiane, Lao PDR. Estaban distribuídos descontinuamente en pequenas cantidades. O exceso de caza reducira a poboación, e os sobreviventes aparecían principalmente en sitios remotos. Unhas seis Áreas de Conservación da Biodiversidade Nacionais tiñan máis de 50 individuos. Áreas con poboacións que probablemente sexan importantes nacionalmente son a zona de Nam Theun e a meseta lindante.Duckworth, J. W., Salter, R. E. and Khounboline, K. (compilers) (1999). Wildlife in Lao PDR: 1999 Status Report . Vientiane: IUCN – The World Conservation Union / Wildlife Conservation Society / Centre for Protected Areas and Watershed Management. Posteriores inspeccións levadas a cabo unha década despois usando intensivamente cámaras trampa non rexistraron xa ningún gauro, o que indica un masivo declive da poboación.
Na China, o gauro aparece en poboacións moi fragmentadas en Yunnan e o sueste do Tíbet. Na década de 1980, foran erradicados do condado de Lancang, e os restantes animais estaban divididos en dúas poboacións, concretamente en Xishuangbanna-Simao e Cangyuan. A mediados da década de 1990, unha poboación de 600 a 800 individuos crese que vivía na provincia de Yunnan, a maioría deles na Reserva da natureza nacional de Xishuangbanna.
En Tailandia, o gauro atopábase antes por todo o país, pero só quedaban algo menos de 1 000 individuos na década de 1990. Na zona principalmente semiperenne do Complexo forestal de Dong Phayayen - Khao Yai, rexistrouse unha densidade baixa no cambio de século, estimada en total en só uns 150 individuos.Lynam, A. J., Round, P. and Brockelman, W. Y. (2006). Status of birds and large mammals of the Dong Phayayen-Khao Yai Forest Complex, Thailand . Biodiversity Research and Training Program and Wildlife Conservation Society, Bangkok, Thailand.
En Bangladesh, hai algúns gauros na Chittagong Hill Tracts, pincipalmenre no disrito de Banderban. Durante un proxecto recente con cámaras trampa rexistráronse poucos gauros, o que indica que a poboación está fragmentada e probablemente en declive. As tribos locais cazan gauros na reserva forestal de Sangu Matamuhari, aínda que a súa caza está prohibida en Bangladesh.
miniatura|esquerda|Rabaño de gauros no Parque Nacional de Periyar, Kerala.
En Bután, persiste aparentemente en toda a zona sur de ladeiras, notablemente no Parque Nacional Manas, no Santuario de vida salvaxe de Phibsoo e o Santuario de vida salvaxe de Khaling.