O voo 163 de Saudia era un voo regular de pasaxeiros de Saudia que se incendiou despois de engalat no aeroporto de Riad (hoxe en día base da forza aérea) nun voo cara a Jeddah o día 19 de agosto de 1980. Os 287 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do Lockheed L-1011-200 TriStar, con rexistro HZ-AHK, morreron despois de que o aparello fixese unha aterraxe de emerxencia volvendo ao aeroporto de Riad.

Nese momento, o accidente era o segundo con máis mortes da historia da aviación cun único avión implicado, despois do voo 981 de Turkish Airlines. Trátase do sexto peor accidente de aviación da historia, despois do accidente de Los Rodeos, o voo 123 de Japan Airlines, o choque de Charkhi Dadri, o voo 981 de Turkish Airlines, e o voo 182 de Air India. Tamén é o peor accidente en Arabia Saudita e no cal estivo involucrado un Lockheed L-1011 TriStar.

Avión O aparello implicado no aciidente era un Lockheed L-1011 TriStar, rexistrado en Arabia Saudita como HZ-AHK. Realizara o seu primeiro voo o día 13 de xullo de 1979, e fora entregado a Saudia o 21 de agosto dese ano.

Notas

Saudia Saudia Categoría:Accidentes e incidentes de Lockheed L-1011 TriStar Categoría:Accidentes e incidentes de Saudia