miniatura|O papa e o inquisidor (1884) de Jean-Paul Laurens. O inquisidor xeneral ou grande inquisidor (en latín: Inquisitor Generalis) foi a máxima autoridade oficial da Inquisición española. O primeiro e probablemente o máis famoso foi Tomás de Torquemada, relixioso dominico.

Historia

O nomeamento correspondía ao papa a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un breve pontificio no que delegaba a súa autoridade para reprimir a herexía no novo inquisidor, así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por Roma. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da monarquía máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar. miniatura|Torquemada, Prior de Santa Cruz e primeiro inquisidor xeneral de Castela e Aragón, no s. XV. Tras a resolución das Cortes de Cádiz no século XIX, tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de Juan Antonio Llorente unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero canario Cristóbal Bencomo y Rodríguez quen foi confesor do rei Fernando VII"Obispos canarios en el mundo" Diocese de Canarias. e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo). Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a Constitución de Cádiz, o Santo Oficio era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.

miniatura|Diego de Deza, Inquisidor xeneral, 1498-1507.

Lista de inquisidores xenerais dereita|miniatura|Juan Pardo de Tavera, Inquisidor xeneral, 1539-45. dereita|miniatura|Fernando Niño de Guevara, Inquisidor xeneral, 1600-02. Os seguintes personaxes desempeñaron o cargo de inquisidores xenerais entre 1483 e 1834: Tomás de Torquemada (1483-1498), Prior de Santa CruzEn 1494, o papa Alexandre VI nomeou inquisidores xenerais adxuntos a Martín Ponce de León, arcebispo de Mesina; Íñigo Manrique de Lara, bispo de Córdoba; Alonso Suárez de la Fuente del Sauce, bispo de Mondoñedo; e Francisco Sánchez de la Fuente, bispo de Ávila. Diego de Deza, arcebispo de Sevilla (1498-1507). Renunciou. Francisco Jiménez de Cisneros: só na Coroa de Castela (1507-1517), cardeal e arcebispo de Toledo. Juan Enguera: só na Coroa de Aragón (1507-1513), bispo de Vic. Luis Mercader: só na Coroa de Aragón (1513-1516), bispo de Tortosa. Adriano de Utrecht: só na Coroa de Aragón (1516); inquisidor xeneral de Castela e Aragón (1518-1522), cardeal e bispo de Tortosa, papa Hadrián VI (1522-1523). Alonso Manrique (1523-1538), cardeal e arcebispo de Sevilla. Juan Pardo de Tavera (1539-1545), arcebispo de Toledo. García de Loaysa y Mendoza (1546), arcebispo de Sevilla. Fernando Valdés y Salas (1547-1566), arcebispo de Sevilla. Renunciou en 1566. Diego de Espinosa (1567-1572), bispo de Sigüenza. Gaspar de Quiroga (1573-1594), cardeal e arcebispo de Toledo. Jerónimo Manrique de Lara (1595), bispo de Ávila. Pedro Portocarrero (1596-1599), bispo de Calahorra, despois de Córdoba. Renunciou. Fernando Niño de Guevara (1599-1602), cardeal e arcebispo de Sevilla. Renunciou. Juan de Zúñiga e Flores (1602), bispo de Cartaxena. Juan Bautista de Acevedo (1603-1608), bispo de Valladolid. Bernardo de Sandoval y Rojas (1608-1618), cardeal e arcebispo de Toledo. Luis de Aliaga (1619-1621), confesor real. Renunciou. Andrés Pacheco (1622-1626), bispo de Cuenca. Antonio Zapata y Cisneros (1627-1632), cardeal e arcebispo de Burgos. Renunciou. Antonio de Sotomayor (1632-1643), arcebispo de Damasco. Diego de Arce y Reinoso (1643-1665), bispo de Plasencia. Pascual de Aragón (1665), arcebispo de Toledo. Renunciou. Juan Everardo Nithard S.J. (1666-1669), confesor do rei, cardeal e arcebispo de Edesa. Renunciou. Diego Sarmiento de Valladares (1669-1695), bispo de Plasencia. Juan Tomás de Rocabertí (1695-1699), arcebispo de Valencia. Alonso de Aguilar (1699), cardeal. Nomeado por Carlos II, morreu antes de que chegase a bula papal de confirmación. Baltasar de Mendoza y Sandoval (1699-1705), bispo de Segovia. Foi cesado por Filipe V polas súas simpatías austracistas durante a guerra de sucesión. Vidal Marín del Campo (1705-1709), bispo de Ceuta. Antonio Ibáñez de la Riva Herrera (1709-1710), arcebispo de Zaragoza. Francesco del Giudice (1711-1716), cardeal. Renunciou. José de Molines (1717), auditor da Rota romana. Preso en Milán polas tropas austríacas, morreu durante o cativerio. Juan de Arzamendi (1720), nomeado por Filipe V, morreu antes de tomar posesión do cargo. Diego de Astorga y Céspedes (1720), bispo de Barcelona. Renunciou. Juan de Camargo Angulo (1720-1733), bispo de Pamplona. Andrés de Orbe y Larreátegui (1733-1740), arcebispo de Valencia. Manuel Isidro Orozco Manrique de Lara (1742-1746), arcebispo de Santiago de Compostela. Francisco Pérez de Prado e Costa (1746-1755), bispo de Teruel. Manuel Quintano Bonifaz (1755-1774), arcebispo de Farsala. Renunciou. Felipe Beltrán Serrano (1775-1783), bispo de Salamanca. Agustín Rubín de Ceballos (1784-1793), bispo de Xaén. Manuel Abad y Lasierra (1793-1794), bispo de Astorga e arcebispo de Selimbria. Francisco Antonio de Lorenzana (1794-1797), cardeal arcebispo de Toledo. Renunciou. Ramón José de Arce (1798-1808), arcebispo de Burgos e Zaragoza. Renunciou. Abolición da Inquisición (1808-1814), durante a ocupación napoleónica de España. Francisco Javier Mier y Campillo (1814-1818), bispo de Almería. Cristóbal Bencomo e Rodríguez (1818), confesor de Fernando VII (o cargo de Inquisidor xeneral, foi rexeitado polo propio Bencomo). Jerónimo Castillón e Salas (1818-1820), bispo de Tarazona. 1820: Abolición da Inquisición, durante o Trienio Liberal.

Literatura O Gran Inquisidor é tamén o nome dun capítulo da obra literaria Bratia Karamazovy, do escritor e filósofo ruso Fiódor Dostoievski. O personaxe central da peza é un Grande Inquisidor que arresta e procesa a Xesús de Nazaret.

Javier Alfaya, na súa novela Eminencia ou A memoria finxida (1993, ISBN 84-204-8103-3), fábula a vida dun dos últimos inquisidores Xenerais, Ramón José de Arce, a partir dunhas imaxinarias memorias.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, J., e , B. (1984). Historia de la Inquisición en España y América. I: El conocimiento científico y el proceso histórico de la Institución (1478-1834). Biblioteca de Autores Cristianos. ISBN 84-220-1158-1. Outros artigos Inquisición española Ligazóns externas Consello de Inquisición: Lista de Inquisidores xerais Appendix 2 to Henry Charles Lea's A History of the Inquisition of Spain. Lista de Inquisidores xerais

Categoría:Inquisición