O XXVIII Festival de Eurovisión celebrouse o 23 de abril de 1983 en Múnic, Alemaña Occidental. A súa presentadora foi Marlene Charell, e a vitoria foi para a representante luxemburguesa, a francesa Corinne Hermès co tema "Si a vie est cadeau".

A presentadora do concurso deste ano, que presentou aos artistas en tres idiomas (alemán, francés e inglés), estaba moi nerviosa e cometeu 13 erros na votación. Tamén confundiu os nomes dos artistas e a súa condución desagradou a estes. Debido á presentación trilingüe, o concurso durou máis de 3 horas por primeira vez na historia. O Festival deste ano non filmou postais para presentar aos artistas, xa que non estaban listas a tempo.

Nesta edición do festival utilizáronse por primeira vez micrófonos sen cables, e foi a primeira vez que os espectadores en vivo de Eurovisión superaron as 10.000 persoas.

Resultados # País e TV Intérprete(s) Canción Tradución Lingua Lugar Puntos 01 A2F Guy Bonnet Vivre Vivir Francés 8 56 02 NRK Jahn Teigen Do Re Mi - Noruegués 10 53 03 BBC Sweet Dreams I'm never giving up Nunca me vou a render Inglés 6 79 04 SVT Carola Häggkvist Främling Extrano Sueco 3 126 05 RAI Riccardo Fogli Per Lucia Para Lucía Italiano 11 41 06 TRT Çetin Alp & The Short Waves Opera Ópera Turco 19 0 07 TVE Remedios Amaya ¿Quién maneja mi barca? * - Español 20 0 08 Suíza SSR SRG Mariella Farré Io così non ci sto Así non estou de acordo Italiano 15 28 09 YLE Ami Aspelund Fantasiaa Fantasía Finés 12 41 10 ERT Christie Stassinopoulou Mu les Me falas Grego 14 32 11 NOS Bernadette Sing me a song Cántame unha canción Neerlandés 7 66 12 JRT Danijel Džuli Julie Croata 4 125 13 CyBC Stavros & Constantina I agapi akoma zi O amor aínda está vivo Grego 16 26 14 ARD Hoffmann & Hoffmann Rücksicht Consideración Alemán 5 94 15 DR Gry Johansen Kloden drejer O planeta xira Dinamarqués 17 16 16 IBA Ofra Haza Chai Viva Hebreo 2 136 17 RTP Armando Gama Esta balada que te dou - Portugués 13 33 18 ORF Westend Hurricane Furacán Alemán 9 53 19 Bélxica BRT Pas de Deux Rendez-vous Cita Neerlandés 18 13 20 CLT Corinne Hermès Si la vie est cadeau Se a vida é un agasallo Francés 1 142

Notas

Véxase tamén

Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión Categoría:Música en 1983