Coñécese como as mártires de Sofán ás catro labregas abatidas a tiros por axentes de Garda Civil na parroquia de Sofán do concello de Carballo, o 16 de febreiro de 1919.
Antecedentes A Xunta Local de Sanidade e o Concello clausuraron o cemiterio vello de Sofán en novembro de 1918, pero os veciños seguiron enterrando os seus mortos clandestinamente. O domingo 16 de febreiro de 1919 van dar sepultura ao neno de catro anos Jesús Loureiro González. A Garda Civil intentou parar a comitiva fúnebre disparando indiscriminadamente contra os veciños, resultando asasinadas catro mulleres, Josefa Bolón Mato, María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto e María Serrano Paz, e varios feridos. Tralo incidente celebráronse mitins para protestar polo ocorrido, que tivo moita repercusión entre as organizacións agraristas e na prensa.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Sofán, Carballo
Ligazóns externas A masacre de Sofán segue no recordo 90 anos despois, nova en La Voz de Galicia o 19 de febreiro de 2009. Unha homenaxe que demorou cen anos , nova en Sermos Galiza o 17 de febreiro de 2019.
Categoría:Carballo Categoría:1919 en Galicia