Guillermo Peinador Vega, finado en Carballo o 4 de maio de 1936, foi un avogado, xuíz e político galego.
Traxectoria Foi xuíz de instrución de Ordes (1913) e en 1914 foi nomeado xuíz de instrución de Carballo.El Correo de Galicia, 22-7-1914, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Carballo o 21 de xaneiro de 1924. Foi elixido presidente do comité local da Unión Patriótica de Carballo en setembro de 1927.El Ideal Gallego, 22-9-1927, p. 1. Cesou como alcalde o 11 de abril de 1930.La Voz de Galicia, 1-3-1930, p. 5. Foi nomeado xuíz de instrución de Bande en xaneiro de 1933,El Compostelano, 7-1-1933, p. 2. e posteriormente foi xuíz de instrución de Ordes. Finou en Carballo o 4 de maio de 1936.Diario de Pontevedra, 5-5-1936, p. 2.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-5-1936, p. 5.
Vida persoal Casou en Carballo con Cándida Varela Enríquez en 1915,El Progreso, 26-6-1915, p. 3. e foi pai de María Victoria, María Elisa e Guillermo Peinador Varela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas s Un buen alcalde
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Finados en 1936