Os piéridos (Pieridae) son unha ampla familia de lepidópteros do clado Ditrysia. Comprende uns 84 xéneros e máis de 1.100 especies, a maioría de América tropical e o Sueste asiático, mais tamén hai especies en Europa.DeVries P. J. in Levin S.A. (ed.) 2001. The Encyclopaedia of Biodiversity. Academic Press.Braby, M. F. (2005) Provisional checklist of genera of the Pieridae (Lepidoptera: Papilionoidea). Zootaxa, 832: 1–16
Características
As especies máis comúns caracterízanse pola súa coloración branca ou amarelo-sulfúrea, a miúdo con manchas negras, pero existen especies negras, vermellas, laranxas e con patróns rechamantes e complexos. Presentan dimorfismo sexual, que se observa con frecuencia no patrón alar.
Os piéridos na vea radial das ás anteriores teñen 3 ou 4 ramas, raramente 5. As patas anteriores de ambos os sexos están ben desenvolvidas, a diferenza de Nymphalidae, e as uñas tarsais son bífidas, a diferenza de Papilionidae.Borror, D.J., Triplehorn, C. A. and Johnson, N. An Introduction to the Study of Insects. Sixth Edition.
Nomenclatura e clasificación
William Swainson foi o que empregou o nome Pieridæ por primeira vez en 1820 para distinguir unha familia de bolboretas, mencionando algunhas especies e xéneros que considera característicos da mesma,William Swainson (1820-1823) Zoological illustrations, or, Original figures and descriptions of new, rare, or interesting animals: selected chiefly from the classes of ornithology, entomology, and conchology, and arranged on the principles of Cuvier and other modern zoologists. London: Printed by R. and A. Taylor for Baldwin, Cradock, and Joy; and W. Wood. Libro disponible en The Biodiversity Heritage Library. Ver páxinas referentes a Colias statira y Lycinia melite. e logo delimítaa máis formalmente en 1827.William Swainson (1827)XXXVIII. A sketch of the natural affinities of the Lepidoptera Diurna of Latreille, Philosophical Magazine, Series 2, Vol. 1(3):180-188, DOI:10.1080/14786442708674270
miniatura|Ilustración orixinal da obra de Swainson, onde se menciona por primeira vez o nome Pieridae para unha familia de bolboretas. Na lámina: Enantia melite, subfamilia Dismorphiinae.
A pesar diso, o nome Pieridae atribúese oficialmente a Duponchel (1835).ref name="ICZN">International Commission on Zoological Nomenclature (1982) Direction 112: Pieridae Duponchel, (Insecta: Lepidoptera): Protected, The Bulletin of zoological nomenclature. Vol. 39:194-195. (Dispoñible en Biodiversity Heritage Library)</ref>Bridges (1988) Catalogue of Papilionidae and Pieridae (Lepidoptera, Rhopalocera). Urbana, Illinois. Available at the Internet Archive Duponchel utiliza o nome Pierides, tomado da mitoloxía grega, nunha das súas obras (arredor de 1832), e logo en forma latinizada como Pieridae en tomos publicados posteriormente (arredor de 1835).Duponchel, P.A.J. (1832-1838) en J.B. Godart L’Histoire naturelle des lépidoptères de France, Tomos 6 ao 17.
A familia Pieridae subdivídese en catro subfamilias: Pseudopontiinae, que comprende cinco especies dun único xénero, Pseudopontia, de África occidental.Mitter, K.T., Larsen, T.B., de Prins, W., de Prins, J., Collins, S., Vande Weghe, G., Sáfián, S., Zakharov, E.V., Hawthorne, D.J., Kawahara, A.Y.,Regier, J.C. (2011). The butterfly subfamily Pseudopontiinae is not monobasic: marked genetic diversity and morphology reveal three new species of Pseudopontia (Lepidoptera: Pieridae). Syst. Entomol. 36: 139-163. DOI: 10.1111/j.1365-3113.2010.00549.x Dismorphiinae, que inclúe 7 xéneros, a maioría neotropicais; nútrense de plantas da familia Fabaceae. Pierinae, con 55 xéneros; aliméntanse de plantas das familias Capparidaceae, Brassicaceae, Santalaceae e Loranthaceae; moitas especies son marcadamente migratorias. Coliadinae, con 14 xéneros nos que predominan as cores amarelas ou sulfúreas; moitas especies teñen dimorfismo sexual, que en certos casos é visible só baixo luz ultravioleta.
Filoxenia e evolución
A posición da familia Pieridae na árbore filoxenética das bolboretas da superfamilia Papilionoidea índa non está completamente resolta. A clasificación tradicional colócaa como grupo irmán do clado formado polas familias Nymphalidae, Riodinidae e Lycaenidae.Kristensen NP, Scoble MJ, Karsholt O (2007) Lepidoptera phylogeny and systematics: The state of inventorying moth and butterfly diversity. Zootaxa 1668: 699–747. Esta posición fundaméntase en caracteres morfolóxicos xerais e diagnósticos, como o desenvolvemento do primeiro par de patas, a venación, o tipo de pupa, entre outros. Porén, unha análise baseada principalmente en evidencias moleculares non foi concluínte neste caso, e considera que unha colocación alternativa igualmente probable sería como grupo irmán do clado de Riodinidae e Lycaenidae.Heikkila M, Kaila L, Mutanen M, Pena C, Wahlberg N (2011) Cretaceous origin and repeated tertiary diversification of the redefined butterflies. Proc Roy Soc Lond B [doi:10.1098/rspb.2011.1430].
Unha análise de reloxo molecular suxire unha orixe cretácea para a familia cunha idade mínima de 112 a 82 millóns de anos.Braby, M.F., R. Vila, N.E. Pierce (2006) Molecular phylogeny and systematics of the Pieridae (Lepidoptera: Papilionoidea): higher classification and biogeography Zoological Journal of the Linnean Society 147: 239–275. With 8 figures As catro subfamilias forman un par de clados irmáns:
Diversidade e bioxeografía
A maior riqueza de especies encóntrase na rexión Oriental do mundo (se se consideran o sueste asiático ou rexión indomalaia e Australasia) cun 30,2% do total, seguida do Neotrópico co 28,8%. Porén, máis do 90% das especies orientais pertencen a unha única subfamilia (Pierinae), mentres que na rexión Neotropical os Dismorphiinae e Coliadinae representan o 17 e o 16 %, respectivamente.Ferrer-Paris JR, Sánchez-Mercado A, Viloria ÁL, Donaldson J (2013) Congruence and Diversity of Butterfly-Host Plant Associations at Higher Taxonomic Levels. PLoS ONE 8(5): e63570. doi:10.1371/journal.pone.0063570
Subfamilia Neártico Neotrópico Afrotrópico Oriental Paleártico Outras Dismorphiinae 1 49 7 Pseudopontiinae 5 Coliadinae 32 46 8 25 52 13 Pierinae 19 193 141 277 80 25
Historia natural miniatura|dereita|Eurema nicippe alimentándose do barro en Carolina do Sur. As larvas da maioría das especies aliméntanse de plantas de tres ordes distintas: polo menos 202 especies aliméntanse de Brassicales (crucíferas ou Brassicaceae e familias relacionadas con glicósidos de aceite de mostaza), 136 especies aliméntanse de Fabales (leguminosas, mimosas, acacias etc.), e outras 84 de Santalales (algunhas familias de plantas parasitas), mais tamén de numerosas especies de plantas de polo menos 31 ordes distintas.Braby, M. F. & Trueman, J. W. H. 2006. Evolution of larval host plant associations and adaptive radiation in pierid butterflies. Journal of Evolutionary Biology, 19: 1677-1690 Os machos de moitas especies congréganse en lugares con barro para absorber os sales do substrato húmido.
Igual que os papiliónidos, os piéridos tamén colgan as súas pupas en ángulo mediante unha faixa de seda, pero desde o primeiro segmento abdominal, a diferenza da faixa torácica propia dos Papilionidae.
Importancia
Moitas especies da familia son visitantes frecuentes de flores e poden contribuír á polinización de diversas especies vexetais. Algunhas especies son consideradas pragas para a agricultura, como por exemplo Ascia monuste e Leptophobia aripa que atacan os repolos Brassica oleracea var. viridis.Bastidas, R. y Zavala, Y. 1995. Principios de Entomología Agrícola. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Pieridae en Bugguide
Categoría:Lepidópteros