Os muscicápidos (Muscicapidae) son unha gran familia de pequenos paxaros principalmente restrinxidos ao Vello Mundo (Europa, África e Asia).

Son principalmente insectívoros arbóreos, e moitos deles capturan as súas presas ao voo.

A familia comprende 50 xéneros, con 322 especies.

Pertencen a esta familia paxaros como o paporrubio, o reiseñor, os papamoscas, o papoazul, o rabirrubio, o pedreiro, o chasco e outros.

Características

O aspecto destes paxaros é moi variado, mais a maioría teñen un canto feble e chamadas ásperas. Son paxaros de tamaño pequeno a medio, que van dos 9 aos 22 cm de lonxitude.del Hoyo, J.; Elliot, A. & Christie D. (editors). (2006): Handbook of the Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X. Moitas especies son dunha cor parda apagada, pero a plumaxe dalgunhas pode ser máis brillante, especialmente nos machos. A maioría teñen peteiros aplanados e anchos axeitados para capturar insectos, aínda que as poucas especies que se alimentan no chan teñen peteiros máis finos.

Os muscicápidos viven en case todos os ambientes que teñen unha abundancia suficiente de árbores, desde bosques a zonas arbustivas abertas, e mesmo en bosques de montaña dos Himalaias. As especies máis setentrionais migran ao sur en inverno, asegurándose así unha dieta continua de insectos.

Dependendo da especie, os niños poden ser copas ben construídas situadas nas árbores ou repisas de cantís, ou simplemente ocos preexistentes nas árbores que forran con material brando. As especies que aniñan en buratos adoitan poñen moitos ovos, como media oito, en vez dos 2 a 5 doutras especies.

Taxonomía Descrición O nome Muscicapidae desta familia foi introducido en 1822 polo naturalista escocés John Fleming, que foi o autor que a describiu.

Etimoloxía A raíz da palabra xa fora antes usada para o xénero Muscicapa polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.

Muscicapa procede do latín musca, que significa 'mosca' e capere, 'capturar'.

Clasificación En 1910 o ornitólogo alemán Ernst Hartert consideraba imposible distinguir entre tres familias moi parecidas entre as que estaba esta, que eran: Muscicapidae, Sylviidae e Turdidae, polo que as tratou como subfamilias dunha familia ampliada de insectívoros que tamén incluía aos Timaliidae e Monarchidae. Corenta anos despois os ornitólogos norteamericanos Ernst Mayr e Dean Amadon adoptaron un esquema similar nun artigo publicado en 1951. A súa familia ampliada dos Muscicapidae, que denominaron os "comedores de insectos primitivos" contiña 1460 especies divididas en oito subfamilias. O uso do grupo ampliado foi apoiado por un comité establecido despois do 11º Congreso Ornitolóxico Internacional celebrado en Basilea en 1954. Os estudos posteriores de hibridación ADN-ADN feitos por Charles Sibley e outros mostraron que as subfamilias non estaban relacionadas entre si. Como resultado este gran grupo foi dividido en varias familias separadas, aínda que durante un tempo a maioría das autoridades seguiron mantendo os Turdidae dentro dos Muscicapidae. En 1998 a Unión de Ornitólogos Americana decidiu tratar os tordos como unha familia separada na sétima edición da súa Check-list of North American birds e posteriormente moitos autores seguiron o seu exemplo.

Xéneros

A familia incluía antes poucas especies. No momento da publicación da terceira edición da Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World de 2003, os xéneros Myophonus, Alethe, Brachypteryx e Monticola estaban incluídos en Turdidae. Posteriormente os estudos de filoxenética molecular indicaron que as especies destes catro xéneros estaban máis estreitamente relacionadas con especies de Muscicapidae. Como consecuencia, estes catro xéneros sitúanse agora alí. Ao contrario, o xénero Cochoa, que estaba situado previamente en Muscicapidae, viuse que pertence a Turdidae.

Dous grandes estudos de filoxenética molecular das especies de Muscicapidae publicados en 2010 mostraron que os xéneros Fraseria, Melaenornis e Muscicapa non eran monofiléticos. Os autores non propuxeron revisións dos xéneros porque nos se analizaron mostras de todas as especies e non todos os nodos das súas filoxenias tiñan un forte apoio nos datos. Un estudo posterior publicado en 2016, que incluía 37 das 42 especies de Muscicapini, confirmou que os xéneros non eran monofiléticos e propúxose unha reorganización do esquema das especies con varios xéneros novos ou resucitados.

Lista de xéneros Velaquí os xéneros de muscicápidos da lista da Unión de Ornitólogos Internacional coas subdivisións propostas por George Sangster e colegas en 2010:

Familia Muscicapidae miniatura|250px|Xénero monotípico Empidornis miniatura|250px|Cyornis tickelliae miniatura|250px|Cossypha caffra miniatura|250px|Paporroibo (Erithacus rubecula) miniatura|250px|Papamoscas cincento (Muscicapa striata) Alethe Subfamilia Muscicapinae (Fleming, 1822) Tribo Copsychini (Sundevall, 1872) Cercotrichas Copsychus Tribo Muscicapini (Fleming, 1822) Fraseria Myioparus Melaenornis Empidornis Muscicapa Subfamilia Niltavinae (Sangster, Alström, Forsmark e Olsson, 2010) Anthipes Cyornis Niltava Cyanoptila Eumyias Subfamilia Erithacinae (G. R. Gray, 1846) - ensamblaxe de paporrubios dos bosques africanos Erithacus Pseudalethe Cossyphicula Cossypha Swynnertonia Pogonocichla Stiphrornis Sheppardia Cichladusa Subfamilia Saxicolinae (Vigors, 1825) Heinrichia Leonardina Heteroxenicus Brachypteryx Vauriella Larvivora Luscinia Irania Calliope Myiomela Tarsiger Enicurus Myophonus Cinclidium Ficedula Muscicapella Phoenicurus Monticola Saxicola Campicoloides Emarginata Pinarochroa Thamnolaea Myrmecocichla Cercomela Oenanthe Subfamilia non determinada Pinarornis Namibornis Humblotia

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Passeriformes Passeri Passerida Muscicapoidea

Ligazóns externas Muscicapidae Fleming, 1822 no ITIS. Muscicapidae na EOL. Muscicapidae no NCBI. Vídeos de muscicápidos en Internet Bird Collection

Categoría:Muscicápidos