O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos.
Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral.
Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso. Estas datas son sinaladas polas lexislacións dos países respectivos.
Polo xeral, os días feirais non se consideran para o cómputo dos termos procesuais.
España En España, no ámbito procesual considéranse inhábiles os sábados, os domingos e os festivos; mentres no ámbito administrativo son inhábiles os domingos e os festivos.
Distínguese entre días hábiles/inhábiles (nos ámbitos procesual e administrativo), e días laborables/festivos (no ámbito laboral).
Existe un calendario laboral e outro de días inhábiles que os regula (artigo 48.7 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común - Lei 30/1992, de 26 de novembro-, redacción dada segundo Lei 4/1999, de 13 de xaneiro):Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de 26 de novembro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Días feirais de Chile
Categoría:Días festivos