Philip David Charles Collins, nado o 30 de xaneiro de 1951 en Chiswick (Londres, Inglaterra), máis coñecido como Phil Collins, é un cantante, compositor, batería, pianista e actor británico, e un dos artistas de maior éxito da música rock.GRO Register of Births MAR 1951 5e 137 EALING – Philip D. C. Collins, mmn = Strange Collins foi nomeado tenente da Real Orde Vitoriana (LVO). O seu estilo abrangue pop, soft rock,progressive rock,art rock e jazz fusion.

Traxectoria Entre 1984 e 1989, Phil Collins liderou a lista de éxitos estadounidense Billboard Top 100 como cantante en oito ocasións, sete como solista e unha con Genesis, banda da que foi membro entre 1970 e 1996.

Tras a saída de Peter Gabriel en 1975 converteuse no cantante solista do grupo, co que tivo algunha colaboración esporádica dende 2007.

As súas cancións a miúdo tratan de amores perdidos, temas persoais e sobre o problema mundial da pobreza e o consumo de drogas. Segundo datos de Atlantic Records (de 2002) as vendas correspondentes á súa carreira en solitario acadaron os 150 millóns de discos en todo o mundo.“Phil Collins Celebrates TESTIFY with Weekend Today Performance and NYC In-Store” 11/15/02 Collins gañou numerosos premios musicais ó longo de toda a súa carreira, incluíndo sete Premios Grammy, cinco Premios Brit, entre eles mellor artista británico en tres ocasións, un Premio da Academia e dous Globos de Ouro polo seu traballo en bandas sonoras.Brit Awards: Phil Collins Brits.co.uk.Past Winners: Phil Collins Grammy.com. Foi incluído no Salón da Fama do Rock como membro de Genesis en 2010.

Collins é un dos tres artistas pop, xunto con Paul McCartney e Michael Jackson, que venderon máis de 100 millóns de álbums en todo o mundo tanto na súa carreira en solitario como formando parte dunha banda. Contando o seu traballo con Genesis, as súas contribucións con outros artistas, e a súa exitosa carreira en solitario, Collins obtivo máis de corenta éxitos que encabezaron a lista do «Billboard Hot 100» durante a década de 1980.

No 2008, Collins ocupou o posto número 22 na lista de «Os 100 mellores artistas de todos os tempos segundo o Billboard Hot 100».

O 7 de marzo de 2011, fíxose pública a súa retirada do mundo musical por problemas de saúde e por non sentirse cómodo coa industria musical en xeral. No 2015, anuncia o seu regreso ao mundo da música, incluíndo novo álbum e a súa correspondente xira de soporte.

Dende 2017 actúa sentado nunha cadeira, malia a súa perda de mobilidade por mor dunha caída nese mesmo ano.

O 10 de setembro de 2021, Collins confesou que deixara de tocar a batería polos seus problemas físicos e que sería o seu fillo Nic o que tomaría o relevo como batería de Genesis.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Londres Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Premio Ondas