A dos móridos (Moridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes,Moridae Moreau, 1881 no ITIS.Moridae Moreau, 1881 no WoRMS. que son coñecidos vulgarmente como moras.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, pp. 94-95.

Distribuídos por todos os mares do planeta,Cohen, D. M.; T. Inada, T. Iwamoto & N. Scialabba (1990): "FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date". FAO Fish. Synop 10 (125): 442. apareceron por primeira vez no rexistro fósil no oligoceno, á metade do terciario.Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.

Caractartísticas Normalmente teñen unha ou dúas aletas dorsais, raramente tres, e unha ou dúas aletas anais. Poden ter, ou non, barbas no mento. Teñen dentes na cabeza do óso vómer, que é diminuto ou está ausente. A vexiga natatoria está conectada coas cápsulas auditivas.Moridae en FishBase.

Hábitat e forma de vida Unhas especies son peláxicas, mentres que outras son bentopeláxicas, distribuíndose desde zonas costeiras de augas superficiais até augas de mar aberto de máis de 2 500 m de profundidade.

Clasificación Existen unhas 111 especies válidas, agrupadas nos 18 xéneros seguintes:Lista de especies válidas da familia Moridae en FishBase.

Antimora (Günther, 1878) (2 especies) Auchenoceros (Günther, 1889) (1 especie) Eeyorius (Paulin, 1986) (1 especie) Eretmophorus (Giglioli, 1889) (1 especie) Gadella (Lowe, 1843) (13 especies) Guttigadus (Taki, 1953) (7 especies) Halargyreus (Günther, 1862) (1 especie) Laemonema (Günther, 1862) (17 especies) Lepidion (Swainson, 1838) (9 especies) Lotella (Kaup, 1858) (6 especies) Mora (Risso, 1827) (1 especie) Notophycis (Sazonov, 2001) (2 especies) Physiculus (Kaup, 1858) (42 especies) Pseudophycis (Günther, 1862) (3 especies) Rhynchogadus (Tortonese, 1948) (1 especie) Salilota (Günther, 1887) (1 especie) Svetovidovia (Cohen, 1973) (1 especie) Tripterophycis (Boulenger, 1902) (2 especies)

En Galicia Nas augas galegas aparecen rexitradas as especies Antimora rostrata Günther, 1878 e Lepidion aeques (Günther, 1887).Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-870-2, pp. 202-205.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Gadiformes

Ligazóns externas Moridae Moreau, 1881 no WoRMS. Moridae Moreau, 1881 no ITIS. Moridae en FishBase.

Categoría:Gadiformes