The Munsters é unha serie de televisión estadounidense do xénero de comedia de situación, que conta a historia dunha familia de bos monstros. Está protagonizada por Fred Gwynne como Herman Munster e Yvonne De Carlo como a súa muller Lily Munster. A serie era unha sátira dos filmes de monstros da época e dos roles de familia daquela, e foi producida polos creadores de Leave It to Beaver. Foi emitida coa serie de semellante temática The Addams Family.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1964 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1966 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América