A noiteboa rubia, ás veces coñecida como avenoiteira papuda (Caprimulgus ruficollis) é unha ave pertencente a orde dos caprimúlxidos.
Características Son aves pouco estudadas, cun tamaño medio e un peso de 95 gramos. Machos e femias son moi semellantes. Aínda que as plumas da cola e ás son lixeiramente maiores nos primeiros. Ademais as manchas brancas da cola e ás son máis intensas nos machos. A súa plumaxe está especialmente deseñada para a camuflaxe. Aliméntase de todo tipo de insectos, especialmente de lepidópteros.
Reprodución O período de reprodución é moi longo, preto dos 110 días. Os ovos ponse directamente no chan, e normalmente as postas son de dous ovos. Estes son incubados durante 16-19 días. Os polos permanecen cos pais entre 18 e 22 días. As zonas de cría son espazos abertos con matogueiras baixas e dispersas. Porén os piñeirais e zonas de árbore son zonas de descanso.
Distribución Ave restrinxida a zonas mornas de Europa e norte de África. A poboación europea oscila entre as 100.000 e 140.000 parellas, a maioría en España. En España tense reducido a súa poboación preto dun 25% na primeira década do século XXI. As causas son sobre todo os atropelos e á transformación dos hábitats debido á agricultura intensiva.
Notas
Categoría:Caprimulxiformes Categoría:Animais descritos en 1820