David Daniel Vázquez Álvarez, nado en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) o 6 de agosto de 1953, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria Mestre de Educación Primaria. Gañou o Premio de Poesía A Ouriceira, o premio de narrativa curta Orestes Rodríguez, premio Frei Martín Sarmiento e o Certame de Relato Curto José Saramago. En 2016 gañou o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Diario de Brian, o chinés.
Obras O ruliño branco, 2005. Orballo da mañá, 2006. Na solaina, 2008. Améndoas e flores silvestres, 2008. Ninguén nace antetempo, 2010. Destello ámbar, 2010. Cafetería Alameda, 2013. O aprendiz de druida, 2014. Sempre en agosto, 2015.
Notas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1953