Joseph Mwepu Ilunga, ás veces mencionado Alunga Mwepu, nado no Congo Belga o 22 de agosto de 1949 e finado en Kinshasa o 8 de maio de 2015, foi un futbolista da República Democrática do Congo, que xogaba de defensa. Traxectoria
Acadou sona defendendo a camiseta do Zaire na fase final do Mundial de Fútbol Alemaña 1974, nun partido ante o Brasil, por saír da barreira nunha falta e golpear a pelota antes de que esta se puxese en xogo.Top 50 football moments Consultado o 10 de xuño de 2006) Zaire perdeu o partido por 0-3.Official FIFA match report Consultado o 16 de xuño de 2006) Máis tarde o xogador afirmou que o fixera deliberadamente para ser expulsado como acto de protesta contra as autoridades do seu país. O equipo tamén perdeu contra Escocia, 0-2, e contra Iugoslavia, 0-9.«MWEPU ILUNGA, AUTOR DEL DESPEJE MÁS FAMOSO DE LA HISTORIA» Ángel Iturriaga Barco
Ilunga morreu en maio de 2015 despois dunha longa enfermidade no Hospital de Saint-Joseph en Kinshasa.Foot: l’ancien Léopard Joseph Ilunga Mwepu décédé à l’âge de 66 ans - Radio Okapi
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Futbolistas da República Democrática do Congo Categoría:Nados na República Democrática do Congo