Víctor Ros é unha serie de televisión española producida por New Atlantis para Televisión Española e baseada nas adaptacións dalgúns dos casos do detective homónimo creado por Jerónimo Tristante. Un terzo da produción está producida por Telefónica e o resto por TVE. Contén unha media de 250 planos dixitais por capítulo, sendo a serie con máis efectos visuais de España ata o momento.

A serie comezou a súa emisión en La 1 o 12 de xaneiro de 2015. Despois dunha primeira tempada de 6 capítulos, a serie foi cancelada pero finalmente a súa segunda tempada foi aprobada polo Consello de Administración de TVE. A segunda tempada, de 8 episodios, acabará o 22 de decembro de 2016.

Sinopse Madrid, 1895. Víctor Ros (Carles Francino) foi, de neno, un raparigo astuto que roubaba diñeiro xunto á súa cuadrilla a xente que lle sobraba para axudar á súa nai. Un policía veterano, Don Armando Martínez (Tito Valverde), sacouno do mundo da delincuencia en 1882 cando contaba con 14 anos e converteuno no mellor policía de todo Madrid. É intelixente, intuitivo e honrado. Tras pasar anos como infiltrado cos anarquistas en Oviedo, regresa a Madrid para traballar na Brigada Metropolitana. O inspector Ros e os seus compañeiros terán que enfrontarse a toda serie de dificultades. Para empezar, os atrasos técnicos e culturais da época serán un prexuízo constante.

Personaxes Carles Francino é Víctor Ros. Esmeralda Moya é Clara Alvear. Megan Montaner é Lola "La Valenciana". Tomás del Estal é o Inspector Luis Blázquez. Juan Fernández é o Comisario Horacio Buendía. Juan Codina é Carballo. Alberto Berzal é Crespo. Joel Bosqued é Sánchez. Tito Valverde é Armando Martínez. Paco Tous é o Sarxento Marcos Giralda. Paula Prendes é Juana / Elena Guzmán. Carolina Bang é Madame de Suberwick. José Manuel Poga é El Estepeño. Manuel Tallafé é El Zíngaro. Juanma Lara é o Coronel Manuel de la Barrera. Itzan Escamilla é Juan "Juanito".

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series de televisión ambientadas no século XIX