A persecución aos cristiáns é o conxunto de accións represivas ou maltrato, persistentes, realizadas por un individuo ou máis -comunmente un grupo específico- sobre as persoas con crenzas ou prácticas cristiás. Non se trata só da violación do dereito a escoller a súa relixión, senón de toda discriminación ou trato vexatorio.

Tales persecucións consisten en diversas prácticas, como a diminución de dereitos públicos, o encarceramento, a tortura, a execución, o pago dun imposto suplementario, a expropiación ou destrución dos seus bens, propiedades, arte, libros ou símbolos ou a incitación á renegación da súa fe e a delatar outros cristiáns.

Idade Antiga Persecucións durante o Imperio Romano Século I miniatura|dereita|A crucifixión de San Pedro, por Caravaggio, representa o momento no que o Apóstolo Pedro é crucificado boca abaixo porque non se considera digno de morrer como o seu mentor. As primeiras persecucións contra os cristiáns veñen recollidas no Novo Testamento, efectuadas polos xudeus, que vían o nacemento do cristianismo como unha seita da súa relixión. Polo tanto podemos considerar a Cristo como o primeiro axustizado a causa da súa fe cristiá. O seguinte -segundo a Biblia- foi Estevo, un seguidor de Xesús que foi apedrado.Burke, John J., Characteristics Of The Early Church, p.101, Read Country Books 2008 Os apóstolos foron presos en numerosas ocasións, chegando algúns a ser executados.

O primeiro caso documentado da persecución aos cristiáns polo Imperio Romano atribúese ao emperador Nerón.Nero Ch 38 No ano 64, houbo un grande incendio en Roma, que destruíu boa parte da cidade e devastou economicamente a poboación romana. Nerón culpou os cristiáns do terríbel incendio, aumentando aínda máis a sospeita pública xa existente e -pódese dicir- exacerbou as hostilidades contra eles por todo o imperio.Nero 16 As formas de execución utilizadas polos romanos incluían a crucifixión e seren devorados por leóns e outras feras salvaxes. Milleiros deles foron tamén mortos nas rúas; outros eran cosidos en costais, despois embarrañados con peixe e queimados vivos nos banquetes nocturnos que Nerón realizaba nos seus xardíns. San Pedro e San Paulo morreron nesta persecución.

Outro emperador lembrado pola súa crueldade cos cristiáns foi Domiciano, entre os anos 81 e 96. Entre os numerosos cristiáns martirizados durante esta persecución estaban Simeón, bispo de Xerusalén, que foi crucificado. Flavia, filla dun senador romano, foi así mesmo desterrada ao Ponto; e ditouse unha lei dicindo: «Que ningún cristián, unha vez traído ante un tribunal, quede exento dun castigo sen que renuncie á súa relixión». Segundo a tradición, durante esta persecución San Xoán foi botado a un caldeiro con aceite fervendo, pero foi preservado milagrosamente. Logo foi desterrado á illa de Patmos, onde recibiu revelacións divinas acerca do futuro da Igrexa e da gloria do ceo, e escribiu o libro da Apocalipse.

Século II As persecucións continuaron baixo o goberno de Traxano (98-117). O papa San Clemente foi unha das súas primeiras vítimas. Ademais Simeón (segundo bispo de Xerusalén) foi crucificado e san Ignacio (bispo de Antioquía) foi botado aos leóns no anfiteatro de Roma. Este emperador considera a confesión do cristianismo como un crime digno da morte, pero prohibe a busca dos cristiáns e a aceptación de denuncias anónimas. Este foi o primeiro avance para a liberación do cristianismo durante o imperio romano. Porén, a quen se lle probase a adherencia ao cristianismo recibiría a pena de morte. Calquera que demostrase non ser cristián ao ofrecer culto aos deuses, era liberado.

Esta represión proseguiu baixo Hadriano, quen profanou os lugares sagrados de Xerusalén e erixiu estatuas de deuses pagáns no lugar do calvario e sobre o sepulcro de Xesucristo.

Tras un período de benevolencia cara aos cristiáns durante o mandato de Antonino Pío, a represión foi retomada durante o reinado de Marco Aurelio (161-180). Parte do problema que os cristiáns tiveron durante esta época foi maiormente provocado pola plebe, que saqueou as comunidades cristiás de Asia Menor fundadas polo apóstolo Paulo. A condena de Marco Aurelio ao cristianismo tivo repercusións tan coñecidas como a condena a morte de Xustino. A persecución de Lión, que foi precedida pola violencia colectiva incluíndo asaltos, roubos e lapidacións, provocou a aniquilación da nacente cristiandade desta cidade.Christopher Reyes (2010). In His Name. California: AuthorHouse. p.33 Outros cristiáns coñecidos foron torturados e martirizados neste momento, como Potino ou Blandina.

Século III A persecución cristiá entrou nunha nova etapa cando as autoridades romanas se deron conta de que cada vez eran máis numerosas as comunidades cristiás e formaban unha unidade poderosa mediante unha organización eclesiástica universal. A presentación da Igrexa como unha organización xurídica supranacional, que apareceu visíbel dende finais do século II, constituíu o fondo sobre o que xurdiu un decreto do emperador Septimio Severo no ano 202, debido ao cal a persecución da Igrexa se estendeu e aumentou, especialmente en Cartago, Alexandría, Roma e Corinto. San Clemente de Alexandría dixo desta persecución: «Todos os días se queiman e crucifican mártires ante os nosos ollos».

Posteriormente outra persecución, suscitada por Maximino Tracio no 235, comezou por sucesivos terremotos, que os pagáns atribuían ao esquecemento dos seus deuses. Dous papas, Pontiano e Antero, e moitos outros, sufriron martirio sen seren xulgados, sendo enterrados indiscriminadamente a montóns, ás veces cincuenta ou sesenta botados nunha mesma fosa común.

A persecución de Decio (250-251) quería terminar coa Igrexa matando os seus líderes, polo que se dirixiu especialmente contra os bispos e o clero. O emperador Decio decretouna coa escusa de que o cristianismo e o Imperio Romano nunca poderían reconciliarse. Nos seus días a persecución aos cristiáns abrangueu todo o imperio. Neste período un gran número de cristiáns renegaron da súa fe para salvar as súas vidas pero aínda así milleiros de persoas foron torturadas e executadas.Scarre 1995, p.170

Século IV miniatura|A derradeira oración dos mártires cristiáns, por Jean-Léon Gérôme (1883), plasmou unha escena deste masacre atroz. A persecución de Diocleciano, tamén coñecida como «Gran Persecución», foi a máis cruel persecución dos cristiáns no Imperio Romano.Gaddis, 29. Foi planeada pola suprema autoridade imperial, que en pouco máis dun ano promulgou catro edictos sucesivos, nos que se marca o ritmo crecente da acción emprendida contra a Igrexa. Un primeiro edicto no 303 ordenaba a destrución dos lugares de culto e dos libros das Sagradas Escrituras, e a privación dos dereitos civís aos cristiáns. Dous meses máis tarde, un segundo edicto dispuxo o internamento na prisión de todo o clero, co fin de privar os fieis dos seus pastores. Un terceiro esixía aos clérigos encarcerados que sacrificasen aos deuses: os que accedesen serían ceibados e daríase morte aos que rexeitasen o culto aos deuses pagáns. Finalmente, un cuarto edicto publicado xa no 304 estendeu a obriga de sacrificar todos os cristiáns. A persecución foi variando en intensidade ao longo do imperio: as represalias máis febles foron na Galia e en Britania, onde só se aplicou o primeiro edicto, mentres que as máis violentas tiveron lugar nas provincias orientais.

A persecución continuou ata que Constantino I chegou ao poder e, no 313, legalizou a relixión cristiá por medio do edicto de Milán. Porén, o emperador Xuliano (361-363) levou a cabo a derradeira persecución romana ao cristianismo. Entre tanto, foi soamente con Teodosio I cando o cristianismo se tornaría a relixión oficial do Imperio polo edicto de Tesalónica no 380.

Persecucións fóra do Imperio Romano

Entre os persas Os cristiáns foron perseguidos polo Imperio Sasánida a partir do ano 337, por seren considerados traidores, amigos dunha Roma cada vez máis cristianizada. No 341, Shapur II ordenou o masacre de todos os cristiáns de Persia.

Entre os godos Nos séculos III e IV, misioneiros cristiáns (especialmente Ulfilas) levaron a moitos godos á conversión ao cristianismo ariano. Isto provocou unha reacción a favor da relixión gótica. Así, o rei gótico Atanarico iniciou unha política de persecución aos cristiáns, levando moitos deles á morte.Peter Heather & John Matthews, Goths in the Fourth Century, pp. 96ff

Idade Media

Arabia preislámica No século VI Dhu Nwas, rei xudeu do Himiar (no actual Iemen), promoveu un masacre contra os cristiáns da península Arábica iniciado no 518, destruíndo as cidades cristiás de Zafar e Najaran, queimando as súas igrexas e matando quen non renunciase ao cristianismo. O evento diminuíu considerabelmente a poboación cristiá na rexión.Jacques Ryckmans, La persécution des chrétiens himyarites au sixième siècle Nederlands Historisch-Archaeologisch Inst. in het Nabije Oosten, 1956 pp 1–24

O nacemento do islam miniatura|dereita|Expansión do islam entre o 622 e o 750

Na época do expansionismo do islam (iniciado no 622) as poboacións da Mesopotamia, Siria, Fenicia (Líbano actual e costa siria), Exipto, Xordania, norte de África, Asia Menor (actual Turquía) e Armenia eran predominantemente cristiás.

Aos cristiáns foilles asignado o status de dhimmi (xunto con outros monoteístas, como xudeus, samaritanos e mandeos), que era inferior de musulmáns. Aos cristiáns, así, prohibíuselles baixo pena de morte realizar proselitismo (difundir ou promover o cristianismo) en terras conquistadas polos musulmáns, prohibíuselles portar armas e a realización de determinadas profesións. Baixo a xaria, os non-musulmáns foron obrigados a pagar impostos inxentes que en moitas ocasións non eran quen de pagar, polo que moitos cristiáns se viron obrigados a converterse ao islam ou a entregar os seus fillos aos gobernantes musulmáns, para seren vendidos como escravos ás familias musulmás. Ademais, os homes cristiáns non foron autorizados a casar con mulleres musulmás. Pola contra, os homes musulmáns foron autorizados a casar con mulleres cristiás, que debían converterse ao islam. Os cristiáns baixo dominio islámico tiñan o dereito de converterse ao islam ou calquera outra relixión, mentres que un musulmán non podía abandonar a súa fe, podendo chegar a ser penado coa morte. Mediante a promulgación do Pacto de Umar no 717, prohibiuse aos cristiáns amosar publicamente a cruz sobre os edificios das igrexas, chamar os fieis á oración cunha campá e reconstruír ou reparar igrexas e mosteiros despois de seren destruídos ou danados. esquerda|miniatura|A Igrexa do Santo Sepulcro foi reconstruída posteriormente. Durante a era do califa abásida Al-Mutawakkil aumentou a represión contra os cristiáns, ordenando a demolición de todas as igrexas en Iraq e noutros lugares. Produciuse entón o éxodo de cristiáns que se negaron a converterse ao islam desde as cidades cara ás zonas de montaña máis afastadas; foi o caso dos maronitas, que se desprazaron dende o fértil val do Orontes cara ás montañas do Líbano. Posteriormente, impedíuselles celebrar as súas festas e ordenouse a demolición dalgunhas das igrexas do Cairo e da Igrexa do Santo Sepulcro (Xerusalén), que contén os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús foi crucificado (o Calvario) e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. Esta demolición supuxo un dos principais motivos para o inicio das Cruzadas, contexto que supuxo o masacre de milleiros de cristiáns.

miniatura|Imperio Timúrida baixo o goberno de Tamerlán.