Valentín Solagaistua Canales, nado en Algorta, Getxo, en 1937 e finado en Getxo o 10 de maio de 2011, foi un político do País Vasco.Noticia del óbito, Diario Vasco, 10 de maio de 2011.

Biografía Pertenceu a Euskadi Ta Askatasuna durante a ditadura franquista. Estivo encarcerado durante catro anos e logo partiu ó exilio, a Venezuela, onde entrou en contacto con históricos dirixentes de Acción Nacionalista Vasca, como Pello Irujo ou Gonzalo Nárdiz, a través dos cales entrou no partido, chegando a ser secretario xeral do mesmo.Valentín Solagaistua: "Con esta ANV no se puede ir ni a misa", El País, 18 de maio de 2008.Fallece el histórico político Valentín Solagaistua , Gara, 9 de maio de 2011.

Tras a morte de Franco volveu a España, sendo o secretario xeral da formación durante case cinco anos na Transición. En representación do seu partido formou parte dalgúns organismos unitarios da oposición antifranquista no País Vasco.Relación de los participantes, El País, 5 de setembro de 1976.Restablecimiento de la autonomía, petición vasca, Diario 16, 11 de febreiro de 1977. Participou tamén nas conversacións de Chiberta entre todas as forzas do nacionalismo vasco, nas que ETA pretendía formar unha "fronte nacional" rupturista que boicotease as eleccións, que foi rexeitado por case todas as forzas políticas, incluída ANV.Treinta años de Txiberta, Deia, 30 de abril de 2007. Como resultado das conversacións, formou parte da delegación de alcaldes que se entrevistou con Adolfo Suárez reclamando a amnistía.Políticos y alcaldes vascos pedirán en Madrid la amnistía, El País, 10 de maio de 1977.

Tras os malos resultados de ANV nas eleccións xerais de 1977, nas que Solagaistua foi candidato por Biscaia, ANV entrou en 1978 na Mesa de Alsasua xunto a outras formacións nacionalistas vascas de esquerda (ESB-PSV, HASI, LAIA), dando lugar á coalición Herri Batasuna (HB).Candidatos a las elecciones generales de 1977, La Vanguardia, 11 de maio de 1977.Batasuna, casi 25 años representando a la izquierda abertzale , La Vanguardia, 17 de marzo de 2003. Nas eleccións xerais de 1979, Solagaistua foi candidato de Herri Batasuna por Biscaia, sen obter escano.El PNV rechazó la celebración de elecciones municipales hace un año, El País, 24 de febreiro de 1979.

No V Congreso de ANV, celebrado en xullo de 1979, chocaron as dúas correntes internas de ANV, a que era máis fiel ós principios tradicionais e históricos do partido e a partidaria de HASI e da Alternativa KAS. Soagaistua dimitiu do seu cargo tras sentirse ameazado, segundo explicou anos despois. Josu Aizpurua, afín ás teses da KAS, foi entón elixido secretario xeral do partido.Josu Aizpurúa, elegido secretario general de ANV, El País, 17 de xullo de 1979. Malia dimitir como secretario xeral, Solagaistua seguiu ocupando o seu posto como concelleiro en Getxo e como deputado foral na Deputación Foral de Biscaia, postos para os que fora elixido nas eleccións municipais e forais de 1979.

Posteriormente pasou ó Partido Comunista de Euskadi formando parte de Ezker Batua, formación pola que foi candidato en diversos procesos electorais na década dos noventa. Máis tarde pasou ó Partido Socialista de Euskadi, polo que foi candidato a alcalde en Sopelana nas eleccións municipais de 2007, resultando elixido concelleiro.Pastor acompaña a Valentín Solagaistua en Sopelana, Deia, 18 de maio de 2007.Concejales del Ayuntamiento de Sopelana.

No 2003, publicou o libro Getxo, historia de sus gentes.Gentes de Getxo han comerciado con esclavos, El País, 4 de maio de 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Acción Nacionalista Vasca (ANV) Partido Socialista Vasco (ESB-PSV) Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI) Herri Batasuna (HB)

Categoría:Nados en Getxo Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Políticos de Acción Nacionalista Vasca Categoría:Políticos de Herri Batasuna Categoría:Políticos do País Vasco