Eduardo Uriarte Romero, nado en Sevilla en 1945, máis coñecido como Teo Uriarte, é un político vasco de orixe andaluza. En 1953, trasladouse coa súa familia ó País Vasco e en 1964 intégrase en ETA. Foi detido pola policía en 1969 e implicado no macroproceso coñecido como o Proceso de Burgos, no que foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por mor da presión internacional, e xunto con Mario Onaindia Natxiondo foi trasladado de cárcere en cárcere para Córdoba e Cáceres ata que chegou a amnistía de 1977. Foi un dos fundadores de Euskadiko Ezkerra (EE), o partido polo que foi elixido para o parlamento nas eleccións para o Parlamento Vasco, en 1980. Máis tarde, en 1993, foi un dos promotores da fusión de EE co Partido Socialista de Euskadi, co que foi vice-alcalde de Bilbao. Foi nomeado como o director da Fundación para a Liberdade con Nicolás Redondo Terreros e Edurne Uriarte, algo que levou a enfrontamentos dialéctica coa Asociación de Vítimas do Terrorismo e a amosarse crítico coa política antiterrorista de José Luís Rodríguez Zapatero.teo uriarte ex-etarra zapatero ten dado eta o alcalde legitimacion de su historia, ABC, 22-1-2006
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Proceso de Burgos
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Políticos de Euskadiko Ezkerra Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Membros de ETA Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi