A dos astacideos (Astacidea) é unha infraorde de crustáceos da orde dos decápodos, que foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille na súa obra en tres volumes Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes. Ouvrage faisant suite à l'histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon, et rédigée par C. S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes.Astacidea no WoRMS.
Comprende, entre outras especies, os cangrexos de río, os lumbrigantes e as cigalas, así como numerosos taxons fósiles.
En 2009 este grupo comprendía 782 especies recoñecidas, unhas 400 das cales corresponden á familia dos cambáridos.
Os membros da infraorde dos Glypheidea (que comprende numerosos fósiles e tan só dúas especies viventes, Neoglyphea inopinata e Laurentaeglyphea neocaledonica) estiveron antigamente incluídos nesta.
Descrición Os membros da infraorde dos astacideos distínguense de moityos outros decápodos pola presenza de quelas (pinzas) en cada un dos tres primeiros pares de pereiópodos (patas marchadoras), o primeiro dos cales es moito máis grande que os outros dous pares. Os restantes dous pares de pereiópodos son simples (sen pìnzas), excepto en Thaumastocheles, no que o quinto pereiópodo ten "unha pinza diminuta".
Distribución Os astacideos encóntranse en todo o mundo, tanto nos océanos como en auga doce, excepto no continente africano e en partes de Asia.
Clasificación Segundo o WoRMS, a infraorde os astacoideos comprende as tres superfamilias seguintes:
Infraorde Astacidea Latreille, 1802 Astacoidea Latreille, 1802 Enoplometopoidea Saint Laurent, 1988 Nephropoidea Dana, 1852
Porén, o ITIS divide o infraorde en cinco superfamilias, coas familias que se relacionan seguidamente:Astacidea Latreille, 1802 no ITIS.
Infraorde Astacidea Latreille, 1802 Superfamilia Astacoidea Latreille, 1802 Astacoidea Latreille, 1802 no ITIS. Familia Astacidae Latreille, 1802 Familia Cambaridae Hobbs, 1942 Superfamilia Enoplometopoidea Saint Laurent, 1988 Enoplometopoidea de Saint Laurent, 1988 no ITIS. Familia Enoplometopidae Saint Laurent, 1988 Superfamilia Glypheoidea Winkler, 1883 Glypheoidea Winkler, 1883 no ITIS. Familia Glypheidae Winkler, 1883 Superfamilia Nephropoidea Dana, 1852 Nephropoidea Dana, 1852 no ITIS Familia Nephropidae Dana, 1852 Familia Thaumastochelidae Bate, 1888 Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879 Parastacoidea Huxley, 1879 no ITIS. Familia Parastacidae Huxley, 1879
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía J. W. Martin & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans .
Outros artigos Decápodos Pleociemados
Ligazóns externas Astacidea no WoRMS. (Lista das familias). Astacidea Latreille 1802 en Fossilworks. Astacidea Latreille, 1802 no ITIS. Astacidea na EOL.