José Ignacio de Juana Chaos, máis coñecido como Iñaki de Juana Chaos, nado en Legazpi o 21 de setembro de 1955, é un exmembro de Euskadi Ta Askatasuna.

Traxectoria

Trala súa detención en 1987, foi condenado xudicialmente pola súa participación en 25 asasinatos a case 3000 anos de prisión, dos que cumpriu 18 anos de acordo ao Código Penal baixo o cal foi xulgado e o principio de non retroactividade das disposicións penais prexudiciais para o reo. Atópase fuxido dende 2008, e en busca e captura por orde da Audiencia Nacional. Dende o ano 2006 converteuse nunha figura nos medios de comunicación con repercusións políticas por mor da súa falta de arrepentimento, xerándose un amplo debate sobre o sistema penal español.

No 2015 foi atopado na localidade venezolana de Chichiriviche, onde reside e rexenta unha licorería e Tasca chamada Jock's.

Notas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Legazpi Categoría:Membros de ETA Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Legazpi