Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, nado en Bilbao o 6 de xullo de 1973, máis coñecido como Txeroki, é un membro da banda terrorista ETA, da que asumiu a xefatura militar no 2008 até a súa detención en novembro do mesmo ano.
Traxectoria Nado en 1973 en Bilbao, País Vasco, foi captado para a kale borroka con 24 anos e adestrado no uso de armas por Gorka Palacios e María Soledad Iparraguirre, Anboto, con quen estabeleceu unha estreita amizade.
O seu primeiro atentado foi no 2001, o 7 de novembro. Foi identificado como un dos autores do asasinato do xuíz José María Lidón, cando saía do seu coche en Getxo acompañado da súa muller e seguido noutro vehículo por un dos seus fillos. Tras a tregua de 1998, reorganizou os comandos de ETA, asumindo o mando. Existen sospeitas fundadas de que foi un dos seus lugartenentes o que ordenou in situ o asasinato de dous gardas civís desarmados de 24 e 23 anos en Francia, en decembro de 2007. Ambos os activistas de ETA, tanto Txeroki como o seu lugartenente, estaban entre os terroristas máis buscados nas listas da Garda Civil.
Foi detido a madrugada do 17 de novembro de 2008 na localidade francesa de Cauterets, nunha operación conxunta da Garda Civil e a xendarmería francesa. A policía antiterrorista considerou que foi substituído por Aitzol Iriondo.
Txeroki foi trasladado a España dende Francia en setembro de 2009 de xeito temporal, para ser interrogado en relación a cinco das causas que tiña abertas na Audiencia Nacional. O 30 de maio de 2011 foi trasladado por segunda vez a España, tamén de forma temporal durante tres meses, para asistir como imputado ó xuízo polo intento de asasinato de Enrique Ybarra Ybarra, presidente do Grupo Correo.
Xuízos en España A comezos de xullo de 2011, Txeroki foi absolto da acusación de participar no envío dun paquete bomba en 2006 contra o que era entón presidente do Grupo Correo, Enrique Ybarra.O País Porén, no seu segundo xuízo en España poucos días despois, foi condenado pola Audiencia Nacional a 377 anos de prisión por un total de 20 delitos de tentativa de asasinato e estragos terroristas, entre eles o da tenente de alcalde de Portugalete, Esther Cabezudo.Que permitiu deter a 'Txeroki' e quen lle substituirá nos comandos de ETA?Condena de 377 anos para o exjefe etarra Txeroki
Notas
Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1973 Categoría:Membros de ETA Categoría:Personalidades sen imaxes