miniatura|Barrio de chabolas en Soweto, Suráfrica. A aporofobia (do grego άπορος (á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, (-fobos), medo) é unha fobia que representa o medo á pobreza ou aos pobres. Aínda que tamén pode interpretarse como a repugnancia ou hostilidade ante o pobre, o sen recursos ou o desamparado.El Imán pide a la RAE que acepte el término aporofobia. La Voz de Galicia. 31/8/2008.

Características O neoloxismo foi acuñado pola filósofa Adela Cortina nunha serie de publicacións nos anos 90 para poder diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro, e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos.Martínez Navarro, Emilio. Aporofobia: glosario para una sociedad intercultural. Valencia, Bancaja, 2002, pp. 17-23.

A diferenza clave entre aporofobia e xenofobia ou racismo segundo algúns autores, está no feito de que hai sociedades que non lles importa aceptar a inmigrantes ou a membros doutras etnias a condición de que estas conten con bos recursos económicos, fama ou outros bens.

Con todo, a aporofobia e xenofobia están relacionadas no feito de que moitas veces, a inmigración prodúcese desde países pouco desenvolvidos economicamente cara a países desenvolvidos, onde ademais das diferenzas culturais, os inmigrantes pobres son vistos como un problema de seguridade e asóciaselles comunmente con actos criminais e outros problemas.Cabrales, María Cristina La aporofobia darle nombre a los hechos. Aurora Boreal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xenofobia Racismo Clase social Centro de Internamento de Estranxeiros

Categoría:Fobias Categoría:Pobreza Categoría:Xenofobia