Emilio Olabarría Muñoz, nado en Bilbao, Biscaia o 2 de abril de 1955, é un xurista e político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, da que é profesor, é funcionario da administración autónoma de Euskadi. Foi deputado ao Parlamento Vasco en 1980 -primeiras eleccións autonómicas tras a aprobación do Estatuto de Guernica, 1984 e 2001.
A proposta do PNV, en 1996 foi elixido Vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial polo Congreso dos Deputados.
Foi tamén deputado ao Congreso pola provincia de Áraba nas lexislaturas III, IV, V e en 2004, sendo elixido membro da Comisión de Investigación dos atentados do 11 de marzo en Madrid.
Participou en nome dos parlamentarios españois en varias delegacións internacionais en África, Europa e América do Sur. En 2006 era portavoz do Grupo Parlamentario Vasco.
Véxase tamén Ligazóns externas Emilio Olabarría na páxina oficial do Congreso dos Deputados.
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)