Amalur Mendizabal Azurmendi, nada en Zizurkil (Guipúscoa) o15 de maio de 1979, é unha política vasca de ideoloxía independentista vasca.

Traxectoria Antes de ser elixida senadora ocupara o posto de secretaria do xulgado de paz da localidade guipuscoana de Anoeta durante oito anos. Presentouse como independente na candidatura de Amaiur ao Senado de España nas eleccións xerais de 2011 sendo a candidata máis votada na provincia de Guipúscoa. Vida persoal

Está casada e ten dous fillos.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Zizurkil Categoría:Políticos de Amaiur Categoría:Políticos do País Vasco