The Terror State é o cuarto álbum da banda estadounidense de punk rock Anti-Flag, publicado o 21 de outubro de 2003 a través do selo Fat Wreck Chords. A ilustración da portada foi considerada polémica (era unha foto da sobriña do vocalista Justin Sane entre cascallos levando un subfusil), e o grupo viuse forzado a crear unha versión alternativa (que era un fondo negro co nome do disco no centro) para vender o álbum en grandes cadeas como Wal-Mart.
Producido polo guitarrista de Rage Against the Machine Tom Morello, The Terror State foi aclamado como o álbum de Anti-Flag máis puído ata a data. O disco chgou ao número 1 nas listas da emisora KTUH na semana do 19 de xaneiro de 2004. En abril de 2008 o álbum levaba vendidas 106.000 copias.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Anti-Flag Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums de Fat Wreck Chords