Koldo Gorostiaga Atxalandabaso, nado en Bilbao o 30 de maio de 1940, é un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca. Foi deputado no Parlamento Europeo entre 1999 e 2004 en representación de Euskal Herritarrok, a plataforma electoral independentista vasca refundada posteriormente en Batasuna, actualmente ilegal pola súa vinculación con ETA.

Traxectoria académica Gorostiaga naceu en Bilbao. Cursou Dereito nas universidades de Valladolid e Deusto, obtendo a licenciatura en 1963. Doutorouse na Universidade de Barcelona cunha tese sobre Dereito do Traballo en 1966. Traballou como profesor titular nas universidades de Barcelona e Pau. Tamén en Nantes, Bordeus e París. É tamén fundador do Instituto de Dereito Cooperativo e Economía Social da Universidade do País Vasco do que é profesor de Dereito do Traballo.

Traxectoria política Gorostiaga vive dende 1974 no País Vasco Francés. Traballou tamén para a Oficina Europea de Linguas Minoritarias (1995) e foi membro do Consello Económico e Social da comunidade autónoma do País Vasco.Nick Jones Foi a cabeza de lista de Euskal Herritarrok nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999, conseguindo o único eurodeputado obtido por EH.Resultados oficiais Nestas eleccións, EH obtivo 306.923 votos (1,47%), 225.796 no País Vasco e 45.146 en Navarra. No Parlamento Europeo, Gorostiza permaneceu como deputado non adscrito.

En marzo de 2002, a policía francesa detivo ao entón tesoureiro de Batasuna, Jon Gorrotxategi, tras pasar a Francia desde Bélxica con 200.304 euros en metálico, declarando que se trataba de fondos que Gorostiaga recibira do Parlamento Europeo en concepto de dietas, gastos de viaxes e axudas para a contratación de axudantes. Ante estes feitos, a Mesa do Parlamento Europeo abriu unha investigación concluíndo en 2003 que Gorostiaga non xustificara adecuadamente 176.516 euros, polo que tiña que devolvelos. Gorostiaga devolveu 58.155 euros, pero recorreu xudicialmente a decisión do Parlamento. En 2005, o Tribunal de Primeira Instancia da Unión Europea rexeitou o recurso de Gorostiaga.Un tribunal da UE esixe a Koldo Gorostiaga a «devolución» de 118.000 euros Aínda que recorreu de novo, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, desestimou de novo o recurso (febreiro de 2009) e ordenou a Gorostiaga devolver o resto do diñeiro.Koldo Gorostiaga deberá devolver 118.000 euros ao Parlamento Europeo O Parlamento Europeo tamén votou non prorrogarlle a inmunidade parlamentaria que Gorostiaga reclamara para facer fronte ao proceso xudicial aberto en Francia polo caso, ao ocorrer durante o seu período como deputado.O Pleno do Parlamento Europeo nega a inmunidade a Koldo

Tras a súa saída do Parlamento Europeo, Gorostiaga apoiou publicamente diversas iniciativas políticas da contorna de Batasuna: presentación de Herritarren Zerrenda ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 (a lista foi anulada en aplicación da Lei de Partidos por constituír unha continuación de Batasuna); procura de apoios para as conversacións entre ETA e o Goberno español entre diversas forzas do Parlamento Europeo (2005); a presentación dun ""marco democrático para Euskal Herria" en Pamplona o 3 de marzo de 2007; ou a presentación de Euskal Herriaren Alde para concorrer ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 en Francia.Ex líderes de EH apoian unha lista ás europeasBatasuna iniciaría xa contactos políticos con diversas forzas do Parlamento EuropeoGarzón di que non prohibirá ‘‘polo momento’’ o acto da esquerda abertzale de mañá en IruñeaEuskal Herriaren Alde présente ses candidats à Bayonne

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento Europeo . Biografía de Koldo Gorostiaga publicada pola Oficina en España do Parlamento Europeo (1999). Fotografía de Koldo Gorostiaga

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Políticos de Batasuna