miniatura|200px|O Ollo da Providencia pode verse no envés do Gran Selo dos Estados Unidos, amosado nun billete de dólar.
O Ollo da Providencia (ou o ollo de Deus que todo o ve) é un símbolo que representa un ollo arrodeado por raios de luz ou gloria polo xeral pechado nun triángulo. Representa o ollo de Deus observando a humanidade (ou divina providencia). Na era moderna, unha representación notable do ollo é o envés do Gran Selo dos Estados Unidos, que aparece no billete de 1 dólar.
Emprego relixioso A asociación do ollo co concepto da divina providencia non xurdiu até ben entrada a Era cristiá, na iconografía do Renacemento europeo, onde foi unha imaxe explícita da Santa Trindade. Nas representacións do século XVII, o Ollo da Providencia era representado arrodeados por nubes ou raios de sol.
Outros usos Escudos de armas e selos O Ollo da Providencia aparece en moitos escudos de armas e selos oficiais como: miniatura|Escudo de Braslaw, Belarús. Escudo de armas de Brasłaŭ, Belarús Escudo de armas de Kalvarija, Lituania Escudo de armas e bandeira de Plungė, Lituania Escudo de armas e bandeira de Šiauliai, Lituania Escudo de armas de Wilamowice, Polonia Selo do estado de Colorado Selo da Universidade de Mississippi Selo da Universidade de Chile Selo da cidade de Kenosha, Wisconsin.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas grand lodge of British columbia and yukon - response to claims of masonic origins of symbol. grand lodge of British columbia and yukon - graphics from the kneph.
Categoría:Ollo Categoría:Masonaría Categoría:Teorías da conspiración