Victoriano Fernández Asís, tamén coñecido polo pseudónimo Luis de Salazar, nado na Coruña en xullo de 1906 e finado en Madrid o 14 de maio de 1991Noticia en ABC, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fixo os estudos de bacharelato na Coruña e colaborou no periódico El Orzán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Colaborou en Galicia Nueva e dirixiu os diarios El Orzán e El Día. A finais de 1933 instalouse en Madrid e ao ano seguinte comezou a colaborar no diario El Sol.

Despois da guerra civil traballou no Diario Pueblo, primeiro escribindo sobre cuestións navais e finalmente facendo crítica literaria. Despois pasou a Radio Nacional de España, da que foi xefe da Programación Cultural, colaborando durante moito tempo no programa España a las ocho. Foi director da revista mensual Vía Libre e secretario da Revista General de Marina.

Ingresou en TVE en 1956, o ano da súa inauguración, para moderar un debate sobre a rebelión de Hungría, da que fora testemuña. Continuou participando en programas de debate e entrevistas, como La hora Philips. En 1959 foi nomeado Xefe de Programas, incluídos os informativos, cargo que desempeñou até 1962. Puxo en marcha varios programas de entrevistas, debate e información política, como La figura de la semana, dentro do programa Festival Marconi (1956-1957), Imagen de una vida (1956), Foro TV (1963-1964), Rueda de prensa (1965-1966), Llamada al diálogo (1966), Tribuna TV (1967-1968), Hora punta (1969) e ...Y siete (1971). Posteriormente dirixiu o Telediario a principios dos anos setenta. En 1974 presentou brevemente o Telediario, pero tralo cesamento de Pío Cabanillas, ese mesmo ano, abandonou o medio. Foi director do Instituto Oficial de Radio y Televisión (1978-1980).

Impartiu clases de xornalismo na Escola Oficial Xornalismo e na Escola de Radio e Televisión e na Facultade de Ciencias da Información, da que foi nomeado vicedecano en 1972.

Obras La dragoneta. Tiempo nuevo. Doces meses y un día (con Cipriano Torre Enciso). El Madrid de los Austrias (1965). Las incógnitas de los medios electrónicos. Los medios audiovisuales en el desarrollo cultural (1968). Radio-televisión, información y programas las incógnitas de los medios electrónicos (1986). Epistolario de Felipe II sobre asuntos de mar (1986).

Recoñecementos Premio Ondas (Nacionais de Televisión) en 1963, como Mellor Director. Premio Rodríguez Santamaría, 1981. Premio Luca de Tena.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fernández-Asis, un escéptico ante el futuro de la televisión En la muerte de Victoriano Fernández Asís

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxesCategoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1991