Deafheaven é unha banda estadounidense de metal formada no ano 2010. Orixinalmente baseada en San Francisco, o grupo comezou como un dúo co cantante George Clarke e o guitarrista Kerry McCoy, que gravaron e autoeditaron un álbum demo xuntos. Tras este lanzamento, o grupo recrutou tres novos membros e comezou a xirar. Antes do final de 2010 Deafheaven asinou un contrato con Deathwish Inc. e despois publicou o seu álbum de estrea Roads to Judah, en abril de 2011. O seu seguinte traballo, Sunbather, editouse en 2013 e foi amplamente aclamado pola crítica, converténdose nun dos discos máis louvados do ano nos Estados Unidos. En 2015 o grupo editou o seu terceiro traballo, New Bermuda.
Discografía Álbum Ano Selo Roads to Judah 2011 Deathwish Sunbather 2013 Deathwish New Bermuda 2015 ANTI- Ordinary Corrupt Human Love 2018 ANTI- Infinite Granite 2021 Sargent House Lonely People with Power 2025 Roadrunner Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de black metal Categoría:Grupos musicais de blackgaze Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais formados en 2010