Gisela Lladó Cánovas, nada en El Bruc (Barcelona) o 1 de xaneiro de 1979, é unha cantante e actriz española que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.

Formou parte do coro que acompañou a Rosa López no Festival de Eurovisión 2002. Foi a voz de varias cancións de filmes de Walt Disney Pictures, Universal Pictures e Filmax. En 2003 representou a España no Festival de Viña del Mar gañando dúas gaivotas. En 2008 representou a Andorra no Festival da Canción de Eurovisión. Gisela lanzou ao mercado sete discos durante a súa carreira e dedícase principalmente ao teatro e os musicais.

Discografía 2002: Parte de mí 2003: Más allá 2006: Ni te lo imaginas 2010: Vivir la Navidad 2011: Pensando en ti 2015: Wonderful Gis: De excursión con Gisela 2015: Wonderful Gis: D'excursió amb la Gisela (venda en Cataluña) 2015: Wonderful Gis: Navidad con Gisela 2015: Wonderful Gis: Nadal amb la Gisela (venda en Cataluña)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cantantes de España Categoría:Concursantes da primeira edición de Operación Triunfo Categoría:Representantes de Andorra en Eurovisión Categoría:Nados en El Bruc Categoría:Nados en 1979